Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Porteño, Independiente e Camelle seguen implacables

3ª Autonómica: Porteño, Independiente e Camelle seguen implacables

Non ceden os Porteño, Independiente e Camelle, que esta semana colleitaban sendas vitorias, con relativa comodade. Prepárasen xa para a semana que chega un importante Independiente-Porteño.

O Soneira B segue amosando un xogo combinativo dos mellores da categoría e onte podían co poderío físico do Muxía. Ademais, o Cerqueda elimiou defintivamente ao Laxe da loita, e o Lira superaba ao Ameixenda e se coloca 6º.

Ameixenda - Lira (0-3)

Ameixenda-Lira-Foto- Jorge Parri
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Javichu, Demetrio (Diego, min.70), Alex, Mateo, David (Manuel, min.30), Borja, Jorge (Grille, min.46), Riolo (Rdorigo, min.85), Javi e Ramiro.
  • LIRA: Garrido, Xabi, Isma, Hermi, Fausto, Ismael, Miguel, Marcos, Saúl, Suso Patachín, Oli, Suso Perico.
  • Goles: 0-1, min.20: Marcos; 0-2, min.40: Oli; 0-3, min.85: Herminio.
  • Expulsión: os ceenses Javi (min.60) e Alex (min.80)

Moitas baixas no Lira, e así e todo fixo un partidazo en Cee aproveitando os erros da defensa local e a tendencia negativa de 4 xornadas sen perder. O Lira, tocando e xogando, buscaban os espazos e Suso Perico e Oli arriba facían moito dano á defensa local. Un Ameixenda que ademais quedaba con 9 por expulsións de Javi e Alex.

Oliver marcou para o Lira ante o Ameixenda-Foto- Jorge Parri

Laxe - Cerqueda (0-3)

  • LAXE: Illote, Aarón, Jacinto, Naya, Pailos (Zurich, min.65), Vilanova (Roi, min.55), Borja, Felipiño, Manuel, Ventura, Samuel.
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Javi, Ato, Javi Pazos, Manu (Juanjo, min.60), Dani, Santi, Dani Seaia (Iván Cances, min.90), Diego (Iván Ponte, min.91), Lorenzo (You, min.85).
  • Goles: 0-1, min.22: Dani de penalti; 0-2, min.50: Diego dende fóra da área tras tocar nun defensa; 0-3, min.87: Dani Seaia á contra.
  • Expulsión: o local Samuel.

Primeira metade sempre co Cerqueda controlando algo máis o balón. O Laxe avisaba pero chegaba en 3 ocasións pero o colexiado sinalaba fóra de xogo. O Cerqueda metíase por diante cun penalti que transformaba Dani e mantivo o resto de primeiro tempo máis ou menos controlado.

Pero co 2-0 e coa expulsión do laxense Samuel, por simular penalti, os locais volcáronse e o partido volveuse tolo. O Laxe aproveitaba os balóns parado para bombardear a área visitante con balóns aéreos, e mesmo protestaron un par de penaltis. O Cerqueda á contra só senteciou no min.87.

Baíñas - Camelle (1-3)

Baiñas-Camelle-Foto- SD Camelle
  • BAÍÑAS: Damián, Simón (Adrián, min.75), Samuel, Sancho, Esteban, Héctor, Luís, Cris, Dani (Diego, min.70), Tasky, Fernando (Iván, min.80).
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Manuel, Valiña, Matías, Iván (Varu, min77), Mario, Jose (Tedín, min.80), Javi Rañal (Sergio, min.87), Miguel Riveiro (Buri, min.89), Barreiro (Álvaro Pantera, min.88).
  • Goles: 0-1, min.11: Manuel tras un córner; 1-1, min.56: Héctor; 1-2, min.60: Mario tras unha falta lateral; 1-3, min.85: Miguel Riveiro nunha contra.

Ambientazo no Municipal de Vimianzo no partido da 3ª, habendo case mellor entrada que no da Preferente. O Camelleestivo moi arroupado pola súa afección; mentres e os afeccionados de Baíñas tamén acodiron ao campo.
E foi un partido moi igualado, nada doado para os camelláns. Se ben nos ultimos intres puido acabar en goleada, un empate era máis xusto tralo cómputo xeral.

Unha parte para cada equipo. Na primeira o Camelle controlou, cun MIguel Riveiro facendo o que quería e un Baíñas sempre por detrás. Pero na segunda reaccionaron os de Pato e empataron por medio de Héctor. Mario puña por diante de novo aos camelláns pero o Baíñas estaba moi metido no partido e tendo moitas ocasións, como un par de tiros ao poste, un de Luís e un de Cris, un par de faltas, pero Purrúa estivo moi ben na meta visitante. A xogada clave chegou co 1-2, cando tivo lugar un posible penalti que o colexiado sacou fóra.
Compre destacar a importancia da entrada de Varu, moi importante no medio campo, que ademais tirou ao longueiro e permitiu que Barreiro tivese un par de ocasións clarísimas para sentenciar, antes do 3º de Miguel Riveiro.

Baiñas-Camelle-Foto- SD Camelle

Nantón - Indep. Carballo (0-2)

  • NANTÓN: Bonano, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Carlos Vidal, Martín, Rubén, Luís, Dani Costa (Fabio, min.75), Cachi.
  • INDEPENDIENTE: Noé, Ivi (Velo, min.75), Seo, Castro, Dani Rosalía, Mario, Carlos (Brais, min.80), Cholo, Palermo (Jonathan, min.46), Juny, Benítez (Míchel, min.65).
  • Goles: 0-1, min.30: Juny; 0-2, min.70: Benítez.

Partido insulso, cunha primeira metade controlada polo cadro carballés ante un débil Nantón. Só Bonano mantiña a porta a cero, ante as ocasións de Palermo, Benítez de cabeza ou Juny. Así e todo foi un partido con moi pouco xogo por parte dos dous equipos, sen embargo o Independiente foi mellor durante todas as fases do partido. Empezou o Independiente máis metido no partido, creando varias ocasións a balón parado que se foron fora. A primeira aproximación do Nantón foi no minuto 25 cun tiro de Luís que atallou o porteiro. Pouco despois era o Independiente o que facía o 0-1 tras unha xogada á contra na que se plantaron solos diante de Bonano. Respondeu o Nantón cun tiro que se vai algo desviado e posteriormente lanza unha falta que desvía o porteriro do Independiente. Pouco antes do descanso un tiro dun xogador do Independiente fai lucirse a Bonano.

Na segunda parte o Nantón saíu con máis forza e o Indepediente tivo a sorte de cara. No minuto 2 Cachi estrella un balón no pau despois dun bo pase de Luís. Xogada que podía ter cambiando o rumbo do partido, pero o partido acabouse aí para o Nantón xa que pouco a pouco o Independiente foise facendo co mando do partido. No minuto 18 da segunda o árbitro pita penalti a favor do Independiente por man de Rubén, unha man involuntaria segundo os locais, pero de tódolos xeitos Bonano parou a pena máxima de Juny e o posterior rexeite.
No minuto 33 da segunda chega o 0-2 tras unha xogada por banda na que dous xogadores do Independiente se plantan sós diante de Bonano e desta volta foi Benítez o que sentenciaba. Antes do final aínda se lucíu nun par de paradas o porteiro do Nantón.

Porteño - Fisterra B (3-0)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Antón, Maikol, Óscar (Cousillas, min.85), Mario Toja (Asier, min.70), Ismael, Yuyo, Brais (Iago, min.55), David Toja (Gabi, min.85), Bieito (Búa, min.65).
  • FISTERRA B: David, Insua, Sheg (Pichel, min.70), Jorge, Santi Pelada, Juan, Pana, Dani, Naranjo (Bruno, min.55), Dudo (Estrella, min.60), Juanjete.
  • Goles: 1-0, min.30: David Toja dende fóra da área pegando no longueiro; 2-0, min.60: Yuyo nunha contra; 3-0, min.80: Iago tras un pase en banda de Yuyo.
  • Expulsión: o fisterrán Juan no min.60.

Non foi tan claro o partido como reflicte o marcador. Primeiros 25 minutos que saíron arrolladores os locais pero non sentenciaron, a pesar das ocasións de Bieito a pase de Mario ou Brais e Yuyo. No último treito da primeira o filial verde apretou, e co 1-0, os fisterrans pediron un penalti claro.

Na segunda o Porteño tivo que pecharse en defensa ante o acoso fisterrán. Pero estiveron seguros os de Gerpe. Á contra sentenciou o cadro vermello, tras unha vaselina marrada por Mario Toja, dúas contras que os fisterráns protestaron significaron sendos tantos de Yuyo e Iago.

Coristanco - Corcoesto (0-3)

  • CORISTANCO: Fredi, Óscar, Luís, Marcos, Torreira (Gonzalo), Iván, Sergio (Mallón, min.70), Añón (Martínez, min.75), Pazos (Edgar, min.55), Cancela, Damián.
  • CORCOESTO: Anxo, Ángel, Sergio, Edelmiro, Miguel, Uru (Germán, min.65), Aitor, Luís, Xabi (Josiño, min.60), Couto (Rodri, min.50), Pichuco (Pablo, min.65).
  • Goles: 0-1, min.15: Uru a porta baleira tras unha mala saída do meta local; 0-2, min.60: Josiño de volea; 0-3, min.70: Rodri tras unha falta de Edelmiro.

Partido máis igualado do que marca o resultado, e o Corcoesto, moi serio en defensa, estivo moi efectivo, máis que os locais. De feito, nun Cancela nin Pazos estiveron acertados para poñer o empate tralo gol inicial de Uru, que chegaba tras unha mala saída do meta local aoque lle pasou o balón por riba. I é que os de Rochi seguen fallando arriba.

Houbo moita pelexa no medio campo, pero foi un choque limpo, e sen demasiadas ocasións. Co 3-0 tentou reacciou o Coristanco, pero xa era tarde.

Alcaián - Xaviña (3-1)

  • ALCAIÁN: Fernando, Pombo, Lino, Marcos (Iván, min.65), Martín, Framil, David, Dani, Facal, Daviciño, Marqués.
  • XAVIÑA: Moro, Chiriví (Rdorgio, min.60), Galego (Bieito, min.46), Juan Antonio, Esteban, Beto, David (pekenao, min.75), Gatusso, Felipe, Dani, Elvis.
  • Goles: 1-0, min.20: Facal a saque dunha falta; 1-1, min.48: Felipe; 2-1, min.70: Marqués a pase de Faca; 3-1, min.90: Daviciño de penalti.
  • Lesión: o central local Marcos.
  • Expulsión: o porteiro visitante Moro no penalti final por dar unha patada co balón na man a un dianteiro; e Felipe por sacar mal de centro a raíz do gol final.

Partido igualado, con moito medio campo e o Alcaián levando o peso ata o descanso. Pero o Xaviña reaccionaba e chegaba o empate a volta do descanso. Os camariñáns que chegaban con moitas baixas (Martelo, Caamaño, Borja, Pirucho...) afrontaban este encontro como unha final para non quedar descolgados, pero ao final non amosaron a súa mellor cara.

Co 1-1, Dani tivo 3 mans a mans que botou ao boneco, facendo moi boas as intervencións do meta Fernando. Podía caer o partido para osdous lados e foi Marqués o que decantou o partido nun erro do porteiro Moro. Un Moro que contra o final protagonizou unah escena curiosa cando soltaba a perna co balón na man e o colexiado o expulsaba e sinalaba penalti. Aínda tivo tempo o árbitro para expulsar a outro xaviñán tras sacar varias veces mal de centro.

Soneira B - Muxía (3-1)

  • SONEIRA B: Martin, Chans, Chuchi, Alberto, Curra, Quilmes, Canosa (Pichón, min.75), Richi, Chino, Borja (Pablo, min.60), Wii (Felix, min.65).
  • MUXÍA: Ángel Luís, Pesqui, Martinciño, Currás, Cabejo (Ruso, min.80), Santi Papi (Julián, min.46), Adrián, Pataca (Juan do Coral, min.55), David, Dimas (Casais, min.75), Iván Lagoa (Pardelo, min.85).
  • Goles: 1-0, min.15: Quilmes tras un córner; 1-1, min.25: Iván Lagoa controlou e rematou un centro de Pesqui; 2-0, min.60: Wii tras un regate fallido do porteiro local; 3-1, min.65 Curra tras un rexeite de Angel Luís.

Partido duro, con algunha ocasión máis para o Soneira para ter sentenciado antes, pero cun gran Muxía que segue sen atopar o camiño da vitoria. O Soneira fixo un gran partido tocando ben o balón, souberon machacar a pesar de que lles falta algo de veteranía. Deixou gran imaxe ante o Muxía, polo fútbol realizado, e iso que o Muxía prantou moita cara, cun medio campo moi forte, moi físico.

Os de Papi que cun gol se metían no partido estiveron preto, pero cas baixas (Javi, Adrián Negro, Luís Romaní) apenas tiveron ocasións claras agás un tiro lonxano de Julián lonxano. Desta volta ademais, o porteiro Angel Luís, o que nunca falla, non estivo moi fino. No ecuador da segunda, dous mans a mans de Borja claros que parou o meta muxián, pero Curra sentenciou.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios