3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego
11:06 10/03/11
O pasado sabado 5 de marzo, o Club Taekwondo Arte e Movemento acudiu a Porto do Son a fase provincial do campeonato escolar de técnica. A participación costeira foi moi positiva.
Por unha banda, en categoría senior, Adriana Toba (Muxia), Yanire Afonso (Cee) e Carmen Romero (Cee) non acadaron clasificarse para o Autonómico, a pesar de facer un moi bo traballo.
Si acadaron clasificarse os 3 rapaces que levaba o clube:
- Prebenxamín: Lucas Toba (Muxia) que logrou clasificarse tras acadar o 3º posto.
- Benxamín: Álex López (Cee) clasificouse para o autonómico a pesar de ser 24 participantes neste grupo.
- Cadete: Juan Luis Lista (Muxia) tamen co 3º posto.
Estes 3 deportista acudiran o vindeiro sabado 19 de marzo a Morforte, para xogarse o Campeonato Galego Escolar de técnica 2011.
Novas relacionadas
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- 11 deportistas do Club Arte e Movemento clasifícanse para a Fase Autonómica de taekwondo.
- O Club Arte e Movemento comeza a nova temporada de baile, taekwondo e Kick-boxing .
- O Club Baile e Movemento comezou a campaña con máis trofeos que parellas.
- Exibición 2010: Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.