3 xogadoras do Ponteceso FSF á Selección Coruñesa


Despois da boa tempada tanto para o primeiro equipo como para as infantiles, o Concello de Ponteceso FSF ten a súa recompensa. Tres das súas xogadoras foron preseleccionadas para adestrar coa selección coruñesa de fútbol sala feminino na categoría cadete.
As xogadoras elexidas nesta preselección son Ana, do primeiro equipo e en idade cadete, e Zeltia e Bea, as que máis mérito teñen posto que aínda están en idade infantil, e veñen de facer unha boa campaña co equipo filial pontecesán. Tanto Ana como Zeltia é o segundo ano consecutivo que son preseleccionadas.
As rapazas xa levan tres adestramentos coa selección e a vindeira fin de semana será o cuarto e último, onde o seleccionador, Carlos, decidirá cales son as 12 xogadoras que formarán o combinado coruñés que disputará o campeonato autonómico o 17 de Maio en Santiago de Compostela.
Desde o Concello de Ponteceso FSF desexan que polo menos unha das súas compañeiras sexa escollida, para ter aínda máis premio neste 3º ano de existencia.
Novas relacionadas
- O Fisober certificou a súa permanencia na 2ª Estatal.
- O Ponteceso FSF, único equipo costeiro nas semifinais da Copa Provincial.
- O Ponteceso FSF repasa o seu terceiro ano de existencia.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso FSF.