3ª Autonómica: Fenda aberta

Remata o ano cunha fenda aberta entre os 6 primeiros e os 3 de abaixo. A vitoria do Nantón ante o Muxía, deixa ao cadro cabanés con 6 puntos de vantaxe sobre os 3 de abaixo, Castrelo, Seaia e Lira, que terán que mellorar para aspirar a meterse entre os 6 primeiros e poder competir na promoción.
Por arriba, a pelexa polo ascenso directo parece que estará entre 3, cun Corcubión que aproveitaba que descansaba o Laxe para deixar en 5 puntos a vantaxe a final de ano. E tamén aproveitaba o Montelouro, que non fallou ante o Camelle, para quedar a 3 dos laxenses.
Castrelo 2-3 Corcubión
- Castrelo: Josiño, Gustavo, Luís, Chuchi, Curra; Maikol, Edreira; Estiven, Martín, Félix e Roi (Carlos).
- Corcubión: Abe, Checho, Pablo, Gabi, Xabi, Mario Suárez, Toja, Goche, Lema, Roca e Roi. Tamén xogaron: Balucho, Alán, Tito e Iván.
- Goles: 0-1, m.3 Roi; 0-2, m.5: Roi: 1-2, m.14 David Edreira; 1-3, m.26: Roca; 2-3, m.72: Carlos.
- Expulsión: o corcubionés Toja (m.30).
Case pode co líder
Vitoria moi sufrida e moi importante para que o Corcubión acabe o ano no máis alto. Xogou ben o Castrelo na segunda parte e puxo en apretos a todo un líder.
Comezou o Corcubión como un furacán e en 6 minutos Roi xa batira en dúas ocasións ao meta vimiancés. Tocaban e tocaban os visitantes, facendo boas xogadas e eles tentando saír rápido e collerlle as costas á defensa. Froito dunha gran xogada entre Goche, Xabi, Mario e Roi Roca faría o terceiro.
Pero a rigorosa expulsión de Toja con dous cartóns na mesma xogada metiu ao Castrelo no partido.
Tras recurtar por medio de Edreira, e co recentemente fichado procedente do Porteño, Curra, o Castrelo íase achegando á meta de Abe. Metía Carlos o segundo con 20 minutos para o final e poñendo en grandes apuros ao Corcubión, que conseguíu aguantar pedindo a hora.
Nantón 4-1 Muxía
- Nantón: Guille, Lareu, Silva, Guau (Sergio, m.25), Diego, Maikel, Fabio, Valentín (Budi, m.63), Enmanuel (Redondo, m.20) (Raúl,m .77), Martín e Iván.
- Muxía: Papi, Conguito, Martín, Pataca, Castreje, Pana; Currás, Noé (Man, m.46), Alberto (Ruso, m.75), Álex (Javi, m.60) e Manuel (Gusa, m.35).
- Goles: 1-0, m.10: Enmanuel nunha contra; 2-0, m.15: Fabio de penalti cometido por Santi Papi sobre Enmanuel; 2-1, m.70: Javi remata un centro que peitea Conguito; 3-1, m.71: Fabio; 4-1, m.85: Budi de fermosa vaselina á contra.
Xusta vitoria cabanesa
Reencontrouse coa vitoria Nantón ante o Muxía nun partido con dúas fases, pero nas que o equipo local foi máis completo. Adiantábase o equipo de Carlos Margarida moi pronto, por medio dun Enmanuel fundamental que nos 0 minutos que estivo no campo antes da lesión, marcou un e provocou un penalti que deixaban o partido encarrilado.
A segunda metade tornouse algo máis de cor muxián, pero o Nantón estaba moi seguro. Recurtaba Javi pero un minuto despois Fabio, e pouco despois Budi cunha fermosa vaselina, sentenciaban o choque.
Montelouro 1-0 Camelle
- Montelouro: Fernando, Abel (Pablo, m-46), García, Juanche (Anxo, m.80), Borja, Adrián, Gelo, Riki, Pesi (Juan de Selia, m.50), Sexo, Geiko (Gabriel, m.75).
- Camelle: Jimmy, Sicario, Valiña, Lado, Richard, Gemelo, Tedín, Velo, Tonsón, Varu e Dimitri (Carlos, m.46).
- Gol: 1-0, m.44: Geiko.
Bronco
Non foi o mellor partido deste curioso Montelouro capaz do mellor e do peor. Estivo serio, sen alardes, ante un correoso Camelle que ben puido levar algo de premio de Agra da Filgueira.
Tras unha tediosa primeira metade, sen apenas fútbol por ningún lado, Geiko marcaba o único gol do partido ao fío do descanso. Sexo tamén a tivo a porta baleira pero mandou fóra e Gabi tamén, pero polo menos o equipo loureán non sufriu atrás ante un Camelle que, a pesar das baixas, vendeu moi cara a súa pel.
Lira 3-2 Seaia
- Lira: Che, Choqueiro, Jesús, Santi, Eloy, Esien, Simón, Piti, Santi Porreiro, Tano e Manu. Tamén: Zeus e Costa.
- Seaia: Nacho, Víctor, Vistas, Carabel, Sergio, Cristian, Michi, Parga, Jorge Parga, Josiño (Roke, m.80) e Ramón (Paco, m.80).
- Goles: 0-1, m.6: Ramón; 0-2, m.12: Jorge Parga; 1-2, m.40: Tano; 2-2, m.60: Costa; 3-2, m.77: Santi Porreiro.
Remontada e primeira vitoria liracha
Por fin o Lira acaba un partido por diante. Tiveron que pasar 12 partidos para que os lirachos sumasen a primeira vitoria, e foi ante outro dos equipos da zona baixa. Un Seaia que tras un bo comezo, acabou despercidiando unha vantaxe de dous goles.
A falta de confianza e de forzas dos visitantes, e as ansias do primeiro triunfo dos locais provocaron a remontada na segunda metade. O Lira segue sumando fichaxes, esta semana debutaba, cun gran partido, Tano.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.13: Doctor Monte e Mr Louro.
- X.12: Agra da malleira.
- X.11: O Laxe, único equipo invicto do Fútbol da Costa.
- X.10: Un Poroto corcubionés.
- X.9: O Corcubión estira a Liga.
- X.8: 4 equipos perseguen ao Corcubión<.
- X.7: Recortándolle a vantaxe ao líder.
- X.6: O Laxe confirma a súa candidatura aplicando a primeira derrota ao Corcubión.
- X.5: Pésima imaxe.
- X.4: Vai por ti.
- X.3: Unha xornada de baixa.
- X.2: O Corcubión queda en solitario.
- X.1: Balóns novos para a curta Terceira.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Zas acaba o ano de líder e o Mazaricos en auxe.
- 1ª Autonómica: Unha xornada de vermello e azulón.
- Preferente: Outra xornada no pozo.
- As papeletas do Fútbol da Costa son vermellas e amarelas.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).