4 pequenos arqueiros de Vimianzo triunfan en Lugo

15:25 29/06/11

Catro arqueiros da escola municipal de tiro con arco de Vimianzo participaron o pasado sábado 25 de xuño no I Camponato Galego de Escolas de Tiro Con Arco. O evento estivo organizado polo Club de tiro Adarve e celebrouse nas instalacións deportivas do IES Lucus Augusti, en Lugo. E alí estaban os arqueiros vimianceses.
Os arqueiros soneirans acadaron unha boa clasificación:
- Categoría esquío:
- 1º Marcos Esperante; - 2º José Vázquez. - Categoría alevín:
- 3º Fernando Villaverde-. - Categoría infantil:
- 4º Max Leis.
Ó finalizar a competición sorteáronse dous arcos, ámbolos dous viaxaron a Vimianzo, xa que lle tocaron a Marcos Esperante e José Vázquez. Boa xornada polo tanto para os nósos arqueiros.

Novas relacionadas
- O Tiro con Arco afiánzase en Vimianzo.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
- Muxía, Ponteceso e Vimianzo seguen propoñendo novas rutas de sendeirismo.
- 50 arqueiros fixeron de Guillermo Tell en Vimianzo .
- Os arqueiros de Vimianzo volven facer das súas.
- Os arqueiros de Vimianzo.
- A Costa estréase no tiro con arco.
Fonte
- Información e fotos de Víctor Santos.