xoves. 01.05.2025
El tiempo

450 participantes gozaron das probas deportivas da Semana Santa de Carnota

450 participantes gozaron das probas deportivas da Semana Santa de Carnota
Ruta BTT Vindemo Ver Carnota 2017 250 participantes na Ruta BTT da Víndemo Ver Carnota 2017

Case 450 participantes tiveron as dúas probas deportivas da Semana Santa carnotá. Unha Semana Santa cargada de cultura ca Mostra Víndemo Ver, e que se completou con dúas intensas sesións deportivas. Na VI Ruta BTT participaron nada menos que 265 ciclistas, mentres que na V Carreira Viquinga, foron 77 participantes na sección absoluta, e 105 nas categorías inferiores.

Unhas probas que involucran a unha vintena de traballadores municipais entre o servizo de Cultura, Deportes e Obras, e outros tantos voluntarios ou máis que se acercaron a botarn unha man. Entre eles hai que destacar a xente do Club Ciclista 40´´SS, ou outros veciños de Carnota que ca súa moto de monte acompañaron ós corredores nas dúas carreiras, os Carnota Runners. E como non, hai que loubar tamén o traballo do speaker local José María Lago Noceda, Pingüi.

Dende o Concello fan unha valoración final “boísima” das dúas carreiras.

VI Ruta BTT Ruta BTT Vindemo Ver Carnota 2017 1

A Ruta realizouse o pasado xoves, cunha participación altísima de ciclistas. A ruta foi dura pero as increíbles vistas das que gozaron fixeron que o cansancio se convertira en entusiasmo. A saída foi puntual, ás 10:30 partían en pelotón para comerse o monte de Carnota. Houbo un incidente no que un dos participantes tivo unha forte caída e tivo que ser trasladado ó hospital. Aínda así, foi o propio participante o que nos felicitou pola boa organización. Foi ás 14:30 horas cando, Iván Franco, concelleiro de deportes do concello, fixo a entrega dos trofeos.

A Clasificación xeral categoría masculino foi a seguinte:
- 1º Uxío Canosa de Camariñas cun tempo de 1 hora 52 minutos.
- 2º Marcos Pardiñas de Cabana cun tempo de 1 hora 55 minutos.
- 3º José Tomé de Cee cun tempo de 1 hora 56 minutos.

Podio da Ruta BTT Vindemo Ver Carnota 2017 1

A Clasificación xeral categoría feminino foi:
- 1º Ana Ramos de Noia.
- 2º Patricia Álvarez de Brión.
- 3º Sandra Tuñas de Negreira.

1º Carnotán:
- Abel Tajes de Lariño cu ntempo de 2 horas 27 minutos.

Trofeo ó ciclista de maior idade:
- Maximo Rojo Guitiérrez de Benavente, cun temo de 2 horas 28 minutos.

 

V Carreira Viquinga

Carreira Viquinga Vindemo Ver Carnota 2017 1

Dentro da Carreira Viquinga, a valoración non pode ser mellor. A altísima participación tanto nos adultos como os nenos foi excelente. Cerramos a inscrición o mércores á medianoite cun total de 223 participantes e foron casi todos os inscritos que se acercaron a realizar a proba. Non houbo ningún tipo de incidente, e igual que na Ruta BTT, a categoría sénior disfrutou dunhas vistas excelentes. As categorías base correron cerca do casco urbán pero por camiños de monte. Todos eles foron campións e, por iso, todos os participantes recibiron unha medalla e subiron ó pódium.

Absoluta masculino:
- 1º Daniel Morera
- 2º Alberto Carou
- 3º Ramón Ignacio Folgar.

Absoluta feminina:
- 1º Beatriz Barroso
- 2º Laura Núñez
- 3º María José Grobas.

1º Carnotana:
- Tina Formoso Noceda.

1º Carnotán:
- Juan Miguel Costa Lago.

Todos os participantes das categorías inferiores levaron todos unha medalla, camiseta conmemorativa e subiron todos o pódium.

Carreira Viquinga Vindemo Ver Carnota 2017  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios