Martes. 23.04.2024
El tiempo

10 pilotos costeiros participarán no XXXII Rally de Noia

10 pilotos costeiros participarán no XXXII Rally de Noia
O piloto ceense Manuel Lado no Rali de Noia 2015-Foto-Eduardo Ventoso O piloto ceense Manuel Lado no Rali de Noia 2015-Foto-Eduardo Ventoso Rally de Noia 2016 Cartel

Por fin chega o esperado XXXII Rally de Noia, “o Rali da Casa”. Os nosos compañeiros de QPCMOTOR, Sergio Dosil e Manuel Casais xa teñen todo perfectamente preparado para facer un completo seguemento dos nosos pilotos costeiros. Este ano serán 6 pilotos da Costa da Morte os que participen, nunha edición que volverá rozar terras da Costa da Morte, pois se ben non toca o tramo de Muros, si que consideramos noso o tramo da Serra. En todo caso, esperemos que non chova demasiado, pois poderá deslucir demasiado

Participación costeira

O primeiro costeiro que sairá, será o dumbriés Víctor Senra, da escudería Yacar, ao bordo do seu novo Ford Fiesta R5, lucindo o número 3. Non poderá saír finalmente o seu pai, Manolo Senra.

Co nº6 sae Juan Lojo, de Muros e da escudaría Berberecho, co Polo de Vidal co que foi campión dous anos do Campionato de Rallis de Terra.

Un pouco máis tarde, co nº45, sae o mazaricán Javier Ramos Grille, no Ford Sierra Cosworth de PTC Escuela.

Co 54, sae Heri Atán, co Citroen C2 GT, que quere “dar as gracias a todos os que me están axudando a estar presente este ano no rali "da casa", e esperemos que toda a temporada”.

Os seguintes, co 69, serán os carnotáns da Berberecho, Pedro Castro Carballo e José Antonio Castro Carballo, co seu Ford Scort Cosworth.

Xa co 91 atopamos ao Ramón Louro do Ézaro, co Peugeot 106 KitCar de SenraSport, despois da experincia en Portugal a bordo do 206 S1600 de Manolo Senra.

Tamén teremos, co número 110, Mavilio Santos, de Santa Comba, pola escudería Amigos do Motor de Santa Comba.

Tamén piloto costeiro que sairá, co 112, é o ceense Manuel Lado, co 112 no seu Citroen Saxo VTS. O propio Lado coméntanos o seguinte: ”Este ano volveremos saír con rodas de calle, pero temos o coche totalmente revisado, así que non deberíamos ter problemas para cumplir o noso obxetivo. Emociona saber que os patrocinadores, tanto os que seguen como os novos, están ahi independientemente dos resultados.”

E esquecíamos (mil perdóns) a Ramón do Camarón, de Esteiro, e Ovidio de Olveira.  

Os tramos do Ralli de Noia

Co tradicional esquema de catro especiais a dobre pasada, os tramos que abrirán a temporada do Campionato Galego de Ralis serán os seguintes: • A – “Stark“: o xa coñecido tramo de San Finx discorrerá practicamente na súa totalidade polo mesmo trazado que na edición de 2014, compartindo a parte final do percorrido do treito co da pasada edición, sufrindo unha pequena variación preto da meta. https://www.youtube.com/watch?v=cUEq7K-XlTw • B – “Tropic Burguer”: un tramo que se recupera de outras edicións é o de San Lourenzo, que comparte percorrido case na súa totalidade co da edición de 2011, última temporada na que se realizou esta especial. https://www.youtube.com/watch?v=EhNe65huDgM • C - "Pavimentos Noia": un tramo que combina o inicio do Portobravo da edición 2011 co "Neumáticos Tino" da pasada edición. https://www.youtube.com/watch?v=Yr9okyWuaFg • D - "Neumáticos Tino: outro tramo que se recupera é o do Tambre, que se disputará polo mesmo trazado da XXX edición da proba. https://www.youtube.com/watch?v=NtDA6qZgj_c

- Fonte dos mapas: Escudería Berberecho.

 

Colaborando

Dende a organización piden a colaboración de todos os espectadores, que se coloquen en lugares seguros e que non corran ningún risco.

Rally de Noia 2016  

Máis info

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios