Venres. 19.04.2024
El tiempo

A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega

A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega

Somos unha potencia en materia deportiva, non cabe dúbida. A semana pasada coñeciamos aos 3 xogadores da bisbarra que participaron na Selección Galega de Voleibol Cadete, e onte falabamos dun carballés internacional de balonmán. Pero a canteira costeira segue producindo figuras, como así o refrenda a nova convocatora para as Seleccións Galegas Infantís femenina e masculina.

Este vindeiro martes 1 de novembro, as seleccións galegas infantís teñen unha cita para adestrar na Sagrada Familia da Coruña e 5 compoñentes do equipo de Volei do Manuela Rial participarán nese adestramento.

A representante femenina será Izaskun Qinteiro e no masculino estarán David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Perez e Unai Larrañaga. Destes adestramentos seleccionarán os representantes da Selección Galega, que participará nos Campionatos de España por Comunidades Autonómicas alá por Semana Santa. Esperemos que os 5 vaia convocados.

Cita co volei esta fin de semana

As Ligas continúan e os clubes dumbriés e ceense desprázanse esta fin de semana a Ourense, para disputar os seús encontros no Paco Paz no seguinte horario do sábado 29 de outubro:

  • 10:00h: Xuvenil Femenino - CV Ourense- Voleibol Dumbría.
  • 10:00h: Infantil Femenino - CV Ourense- Manuela Rial.
  • 10:00h: Infantil Masculino - CV Ourense- Manuela Rial.
  • 11:30h: Cadete Femenino - CV Ourense- Voleibol Dumbría.
  • 11:30h: Cadete Masculino - CV Ourense- Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Últimas Crónicas

Fonte

Comentarios