Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 vitorias e 4 derrotas é o balance da fin de semana no volei da Costa

3 vitorias e 4 derrotas é o balance da fin de semana no volei da Costa

Segunda semana de volei esta campaña en Cee e Dumbría e os nosos equipos comezan con bo pé. Se a semana pasada as infantís do Manuela Rial Mouzo debutaban con vitoria, esta semana tocou estreno para o resto de equipos de infantís, cadetes e xuvenís.

Foi a do pasado sábado unha xornada completa con sete partidos de volei. Os nosos equipos acadaron 3 vitorias e 4 derrotas.

Dúas das vitorias foron a cargo do equipo infantil masculino do Manuela Rial, de forma clara ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-10, 25-16, 25-21) e ante o Emeve de Lugo por 3-1 (25-22, 25-19, 19-25, 25-15). Con estes resultados o equipo colocase coma líder da súa competición.

Pola súa banda, o equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría acadou a outra vitoria ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-19, 25-14, 25-19) nun partido moi claro para os dumbrieses. Este equipo estivo a piques de completar a xornada con outra vitoria ante o Emeve de Lugo, pero non pudo rematar a remontada nun partido moi competido que acabo perdendo no último set 2-3 (11-25, 23-25, 25-22, 25-19, 11-15).

No que respecta ás chicas, no seu enfrentamento cun dos equipos máis fortes de Galicia, o Emeve Lugo, non puideron conseguir ningunha vitoria. As derrotas das infantís e xuvenís foron claras e no caso do cadete femenino do Voleibol Dumbría presentaron batalla nun bo partido 1-3 (24-26, 25-19, 18-25, 17-25).

Vindeiras citas

Na próxima xornada os nosos equipos non xogan xa que se detén a competición por mor de que se celebran xornadas de adestramentos das Seleccións Galegas na que se agarda contar con algúns representantes da nosa bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios