A Costa da Morte, potencia continental en Carreiras de Obstáculos

Tremenda a afección que se está xerando na bisbarra polas Carreiras de obstáculos. O rollo Gladiator está pegando forte gracias ao traballo de DaFIT, que ademais de competir a primeiro nivel europeo, está fomentando a participación da xente do ConcoBox en probas galegas. Esta fin de semana mentres os nosos gladiadores soneiráns Damián e Paula participaban no Campionato de Europa en Holanda, o equipo do ConcoBox achegábase a As Pontes á Samurai Race.
Triunfando en Europa

Espectacular o que están conseguindo estes dous gladiadores soneiráns. Subir ao podio nunha Ocr European Championship, competindo cos mellores do continente, non é nada doado, e a camariñá Paula Esteiro pode presumir diso. Levou a bandeira galega ata o segundo chanzo do podio.
Un chaparrón deixou a Damián Espasandín sen podio, pois lle fixo esbarar nun dos novos e complicados obstáculos, e caeu ata o posto 12º (aínda pendente das modificacións).
Mentres, por equipos aínda foi mellor a cousa. Os Vengadores Beone, Damián, Dani Arazola e Jesús Montoto, quedaron entre os 10 primeiros na máxima categoria, Élite. Toda unha fazaña tendo en conta que son máis de 130 os equipos participantes.

Nas Pontes, o ConcoBox

Mentres, nas Pontes de García Rodríguez, un equipo de deportistas da Costa, baixo o paraugas do ConcoBox de DaFIT, asistíu á esixente carreira de ostáculos Samurai Xtreme Race. A familia que adestra semanalmente en Dumbría alcanzou un soberano 3º posto por equipos, pero é que ademais o muxián Javi Barrientos foi campión na tanda raíña (Elite) mentres que dumbriesa Rosario Lema foi primeira na categoría Popular
Así, a participación costeira foi: na categoría Elite: Javi Barrientos (Muxía) Pedro Domínguez (Cee), Valentín Amigo (Cee), Dani Lema (Cee), Raúl Gonzalez (Cee). E na Popular:Rosario Lema (Dumbría), Berta Ozón (Mazaricos), Ismael M. (Muxía), Íñigo De Pazos (Corcubión), Laura Montero (Cee), Yolanda Bujeiro (Cee), Claudia Louzán (Fisterra) e Jesus trillo (Cee).

Artigos relacionados
Novas relacionadas
- Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race.
- Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos.
- Míchel Antelo rompe as súas marcas na media maratón de Behobia.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
- Unha Campiona de Europa para Mazaricos.
- Rocío Alvite gaña en Vimianzo e prepara a Carreira Pedestre de Mazaricos.
- Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).