A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús

Menuda finalísima protagonizaron o Ameixenda e o Seaia da Promoción de Ascenso á Liga da Costa. Unha ida chea de nervios que deixaba todo aberto, e unha volta de infarto, decidida na tanda de penaltis.

Finalmente foi o Seaia o que consegue o ascenso. O equipo malpicán, na súa primeira temporada como federado (era a 2ª do Ameixenda) consegue un ascenso co que case nin soñaban ao comezo de ano. A festa trasladouse do San paio de Refoxos, que vivíu unha fermosa demostración do poder do Fútbol da Costa, con 600 persoas para ver un choque de 3ª Autonómica, ás rúas de Seaia, onde o club contratou mesmo un bus descapotable para facer festa. E abofé que a fixo, aquí vos deixamos cas probas!!

Crónicas dun ascenso

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).