Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda



Menudo ambiente no San Paio de Refoxos que volve poñer a proba o potencial do Fútbol da Costa. Máis de 600 persoas encheron o campo no que xogan equipos de maior categoría, pero o que está a acontencer nesta 3ª Autonómica é para estudiar. O pobo enteiro de Seaia, como fixera o de Ameixenda a semana pasada, desprazouse ata Cee para encher de azul, e combater o amarelo, a cor local. E o resultado foi unha fermosa loita cromática, na que o azul saiu gañador, por penaltis.
O Seaia, no seu primeiro ano como equipo Federado, conseguiu un case nin soñado ascenso, a costa dun Ameixenda, na súa segunda temporada en competición, que si que este curso o prantexaba como o do salto. Como dicimos, a agonía foi a protagonista, e só os 11 metros decidiron o ascenso.

Ameixenda - Seaia (1-1)

- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Iván Pequeño, Bruno, Camacho, Samuel, Álex, Jesús, Bichiño, Borja, Momaño (jorge, min.70) e Rioliño (David, min.75).

- SEAIA: Jesús, Lesi, Ramón, Vistas, Eme, Adra, Dimaga, Uru, Camilo, Juni (Parga) e Richard (Medros).
- Goles: 0-1, min.44: Camilo nun golazo dende o borde da área tras unha fermosa xogada individual; 1-1, min.83: Álex.
- Expulsión: o míster ceense Sieso na primeira parte; e ao ceense Mateo estando no banquillo o comezo da segunda.
- Penaltis: Chegouse ao 11º penalti, e o erro do meta ceense Óscar Riolo, fixo que o transformado por Uru dera o pase aos malpicáns.

Menudo partido o vivido en Cee. Dous equipos que o deron todo, dous equipos que pelexaron ata o final e só a sorte dos penaltis decidiu un máis que soñado ascenso. Tralo 1-1 dunha ida chea de nervos e respecto, todo estaba aberto.
Arrincaba o choque cun rato de dominio para cada equipo, pero sen demasiada claridade. O Ameixenda tomaba o mando, pero non chegaba con demasiada claridade. Pero cirría o min.44 da primeira e Camilo collía o balón, regateaba a un par de rivais e facía o 0-1 cun golazo dende fóra da área.
A volta do descanso o Ameixenda tomou o mando. Un punto mellor fisicamente, os ceenses fixéronse co partido, pero o Seaia defendíase moi ben, e non permitía ocasións claras. Só, cando faltaban 7 minutos, Álex, un dos xogadores máis completos da categoría, cazaba un balón e facía un empate que deixaba a eliminatoria igualada.

Remataba os 90 minutos e chegaba a polémica. O colexiado asegurara ao comezar que habería prórroga de queda empate a 1, como na ida. Pero unha vez colleitado o resultado, o colexiado decatouse que a orde da Promoción indicaba que se iría directamente aos penaltis. O Ameixenda, que chegaba moito máis forte a esa hipótica prórroga, protestou, pero a rolda de penaltis estaba encamiñada.
A tensión invadía o estadio, e o silencio dos momentos antes de chutar contrarrestaban cos berros ao marcar ou parar. Así, nada menos, que ata o 11º penalti. O Seaia tiraba primeiro, e Uru non fallaba. Era o turno do porteiro do Ameixenda, Óscar Riolo, un clásico do fútbol costeiro. Xa parara dous penas máximas que os seus compañeiros non foron quen de aproveitar, pero o seu tiro ía fóra, e o Seaia se metía na 2ª Autonómica.

A festa malpicá trasladouse a Cee, e a parroquia amarela só puido lamentarse entre bágoas. Enviamos os meirandes parabéns a toda a familia do Seaia por este merecido ascenso, e outros tantos á familia do Ameixenda, un equipo novo pero cun futuro tremendamente prometedor, cun compromiso fantástico, que veñen de facer unha grande temporada e que o ascenso terá que ser un claro obxectivo para o ano que vén, máis con esta afección.

Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Buño acolle o Torneo de Fútbol 8 Costa Bergantiñá.
- Copa Xuvenil: O Dumbría sentenza a final adiantada mentres Muros e Corme empantan.
- 2ª Autonómica: O Corme proclámase campión e a zona baixa ferve.
- Promoción de 3ª: Os nervios deixan todo para a volta.
- 1ª Autonómica: A Esteirana ten que gañar na última xornada.
- Preferente: O Dumbría non chega e o XSC complícase.
- Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme como novo Campión da Liga da Costa.
- Sábado de ponte moi futboleiro.
- O 1 de maio, cheo de Fútbol na Costa.
Artigos relacionados
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).