Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica


Non puido ser. O XSC necesitaba gañar nesta penúltima xornada da Preferente para ter opcións de saír da zona de arrastres. Pero todo saíu mal, o equipo caeu ante o líder facendo unha malísiam segunda metade, e ademais, na 3ª, todo se puña en contra e hai máis arrastres dos que parecía a priori.
Así, o XSC queda agora na posición 14ª, por riba do Val, pero aínda necesitaría vencer a semana que vén para manter esa posición, e que Silva e Viveiro, os dous equipos da Pref. Norte que van a Promoción, ascendan, para liberar dúas prazas e que unha sexa a dos xalleiros.
Completouse esta mala xornada para os nosos con doble derrota. A do Soneira, xa sen nada en xogo, despedíndose na casa da categoría. E a do Dumbría, que pelexou ata o último suspiro as súas opcións de meterse na Promoción pero sucumbiu ante o potente Silva.
Aínda queda unha xornada, que ademais coincide esta vindeira fin de semana coa Ida dos Oitavos de Copa, cos 3 equipos en liza.
Bergantiños - Xallas StComba (3-1)
- XSC: Diego, Rubén, Cristian (Alberto, min.60), Jonathan, Rubio, César, Richi, Alfonso, Toño (Marcos, min.71), Jesús e Arnejo.
- Goles: 0-1, min.20: Richi; 1-1, min.47: Álex Canedo; 2-1, min.65: Alex Figueiras; 3-1, min.66: Michi Castro.
Dura derrota do XSC que se mete en bo lío. E iso que o equipo de Rubén Coméndez fixo unha grandísima primeira metade, controlando o tempo do partido, deixando que o Bergan tocase sen perigo e facendo dano nas contras. Contras como a que protagonizou Richi para facer o 0-1 aos 20 minutos.
Así rematou o primeiro tempo, pero cambiou o conto na segunda. O equipo xalleiro desapareceu do campo, se cadra polo medo a gañar, e nada máis comezar o equipo carballés, que non se xogaba nada, xa empataba. Na última media hora non apareceu o cadro xalleiro, sen a actitude que se espera dun equipo ao fío da navalla. En apenas un minuto o Bergan asestaba dúas estocadas que mataban definitivamente aos verdes e laranxas, enviándoos, practicamente, á 1ª Autonómoca.
Silva - Dumbría (3-2)
- DUMBRÍA: Julián, Oscarín, Rivi (Dani Casal, min.60), Jose, Aarón Fdez., Aarón López (Pablo Muíño, min.70) , Jota, Doro, Adrián Makaay, Iago (David Carreira, min.89) e Adrián Nieto (Luisito, min.70).
- Goles: 1-0, min.25; 1-1, min.28: Doro; 1-2, min.44: Rivi; 2-2, min.45; 3-2, min.87.
Será Silva e non o Dumbría o que busque o ascenso á 3ª División. Onte o cadro coruñés superou a un gran Dumbría, que apurou ata o final as súas opcións de pelexar pola 4ª praza. Arrincaba o partido con moito respecto, e case que na primeira chegada o Silva se adiantaba, pero de contado, respondía Doro co empate.
Ao fío do descanso chegaron momentos de tolos. Nun córner Rivo facía o 1-2 de cabeza, e cando parecía que se podía poñer de cara o partido na segunda, o cadro coruñés empataba xa cun minuto sobre os 45.
A segunda metade foi unha loita de poder no medio campo, con dous grandes equipos sen permitir xogar demasiado. Parecia que ía acabar en táboas pero unha xogada a 3 para o final entre Bambam e Marcos Suárez acabaría con toda esperanza dumbriesa de levar o partido.
Soneira - Dubra (3-1)
- SONEIRA: Jose, Brais Mouzo (Pichi, min.48), Fran de Urroa, Cristian, Iván Chans, Sito, De la Sierra, Cristian Figueroa, Richi (Leo, min.49), Basti e Javi (Manu, min.70).
- Goles: 0-1, min.73; 0-2, min.77.
Despediuse da súa afección o Soneira desta campaña para esquecer. O cadro de José Ángel non fixo un mal partido pero un estirón dos visitantes cando faltaban 15 minuts foi suficiente para levar os 3 puntos do municipal vimiancés.
O cadro local puido recurtar, pero non acertaron os Basti, Leo e compañía.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).