Venres. 19.04.2024
El tiempo

Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa

Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa
Ascenso do Seaia no campo-Foto-Jorge Parri

Menuda fin de semana de infarto esta a segunda de maio no Fútbol da Costa. Descenso salvados, descensos consumados, ascensos conseguidos, alcanzadas as finais da Copa Xuvenil e da Copa Infantil… Moitas emocións para unha soa fin de semana.

Mala xornada na Pref.

E comezamos o repaso á xornada pola Preferente, con malas novas para o XSC nesta penúltima xornada. Queda o cadro de Rubén Coméndez na 14ª praza (a 4ª de ascenso) por riba do Val, pero os arrastres da 3ª División, por agora, meterían ao cadro xalleiro na 1ª Autonómica. Para salvar a categoría tería que gañar e quedar por riba do Val e do Carral, e esperar que os dous equipos que xogan Promoción, Viveiro e Silva, consigan o ascenso.
O Dumbría non conseguía meterse na loita caendo 3-2 co Silva na Coruña, e o Soneira despedía esta desastrosa temporada cunha derrota en casa, e o último partido será no Conco.

A Esteirana, un ano máis en 1ª

Josino manteado polos seus companeiros da Esteirana-Foto-Jorge Parri

A atención da xornada na 1ª Autonómica centrábase en Esteiro. O cadro blaugrana tiña que gañar ou gañar ante un rival directo como era o Amio para manter a categoría. E arroupado por unha grandísima afección, non fallaba na visita do Amio, e vencía 2-1 cos goles de Kike e Josiño para acadar a ansiada permanencia.

Unha permanencia que ademais inflúe aos equipos da Liga da Costa, que vén como evitan un descenso máis por arrastre.

O Volantes, equipo da 3ª

Se non o evita o Sofán co seu ascenso na Promoción, o Volantes será equipo da 3ª a vindeira temporada, acompañando no descenso a Corcubión, IDC e Muros. Muros e Volantes (os celestes non se deixaron gañar cos veciños laranxas) acompáñanse no descenso, arrastrados polos descensos de Ponteceso e Camariñas, que o ano que vén volven á Liga da Costa.

Deste xeito o Camelle, Porteño, Mazaricos, Cabana e o San Lorenzo respiran tranquilos e xogarán o ano que vén, un ano máis, na Liga da Costa.

O Seaia, a 2ª

Xa temos a crónica do ascenso do Seaia tralo partidazo vivido en Cee. I é que esta 3ª Autonómica é unha potencia. Xunta o doble xente que a Preferente, e a verdade é que dá gusto ver a intensidade dos partidos máis importantes.

Final na Copa Xuvenil e Infantil

E xa temos finalistas da Copa Xuvenil e da Copa Infantil, con doble presencia dun Corme que está a facer unha temporada espectacular en todas as categorías. Nos Xuvenís, se o Dumbría xa sentenciara o pase na ida, o cadro cormelán se mete na final polo valor doble dos goles fóra de casa, tralo 4-4 da ida en Muros e o 2-2 do Cairo, no marco das simpáticas Festas de San Corme CF, que servían para festexar o título dos maiores na Liga da Costa.

Xa en Infantís, o Corme xa sentenciara a final na ida tras un 0-8 cos Muídos. Na outra eliminatoria, o Cee, e non sen polémica, se impoñía nos penaltis ao Fisterra, tras dous choques co resultado de 1-2.

Ademais, nas categorías base, celebrábanse os Campionatos Intercomarcais, e se o EF Corcubión quedaba campión de Infantís, o EFM quedaba sumcabión en Alevíns tras caer co Negreira. Esta semana traeremos crónica completa.

Copa de Veteranos

E complicada estivo a Previa da Copa da Costa de Veteranos. Xa temos os Oitavos listos, pero houbo grandes duelos, como o que viviu o Baio-Cabana, cun empate a 2 tralo 12 da ida, e que mete ao Cabana na seguinte fase ante o Ponteceso. Tamén o Camariñas-Baio foi de aupa, con 3-3 final que tralo 4-3 da ida deixa ao Baio fronte a un dos favoritos, o Soneira.
Polo outro lado do cadro, non fallou, pero non tivo nada sinxelo, o At. Milagrosa, actual campión de Liga, ante o potente Castriz, na que, probablemente era a eliminatoria estrella. O Castriz era quen de vencer no campo do Milagrosa por 0-1, pero o valor doble dos goles do 1-2 da ida deixa ao Milagrosa en Oitavos ante o Zas.

Preferente, xornada 37

Soneira 0-2 Dubra
Silva 3-2 Dumbría
Bergantiños 3-1 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 34

Bertamiráns B 0-0 Baio
Ponteceso 2-2 Malpica
Esteirana 2-1 Amio
Lamela 8-2Camariñas

2ª Autonómica, xornada 34

Corcubión 1-2Carnota
Corme 0-1 Outes
Zas 4-1 Mazaricos
Cee 2-2Camelle
San Lorenzo 1-0 Porteño
Muros 1-1 Volantes
Cabana 3-2Sofán
Buño 2-1 Fisterra

Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Ida da Final

1-1Seaia - Ameixenda1-1*

Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semis


División de Honra Cadete, xornada 33

Dumbría 1-3 Coruxo

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 13

XSC0-5Racing

1ª Cadete, xornada 25

Cabana 9-2 As Baleas
Esteirana 2-2Muros
Zas 5-1Fisterra
Outes 0-2 Xallas StComba
Muxía 0-2 Coristanco
Cee 11-2Corcubión

I Copa da Costa Infantil, Ida das Semis

Copa da Costa Infantil Semifinais

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 13

Corme 4-0 Baio
Cabana 5-2 Sofán
Coristanco 6-1 EF Corcubión
E.M.F. Vimianzo 13/05 - 17:45 As Baleas
  • Descansa Muxía.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 13

As Baleas B 2-3 Muxía
Corme 4-2 Baio
Cabana 2-2 Sofán
Coristanco 19-2 Ponteceso
E.M.F. Vimianzo 13/05 - 18:30 As Baleas A

Copa da Costa de Veteranos, volta da previa


Máis información

Crónicas da semana

Crónicas da semana pasada

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios