Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns

1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns
A Esteirana un ano mais en 1-Foto-Jorge Parri

Menudo final de campaña nesta 1ª Autonómica. Deparounos moitas alegrías esta xornada 34, sobre todo polo sur. A Esteirana respondía e conseguía unha vitoria ante un rival directo, o Amio, que o deixa un ano máis en 1ª.
Unha despedida triunfal para os xogadores veteranos do club, unha vez que o equipo quedou eliminado da Copa, que este ano, por un e outro motivo, abandonan o fútbol, como é o caso do gran capi Dani Rama, o mellor xogador da costa do ano anterior Kike Paluca, e un José Varela sempre desde neno na Esteirana.
Sorte para todos eles e os agradecentos por estes anos e o legado deixado!

Mentres, a liga remataba para o Malpica, despois desta espectacular temporada, rematando 4º. E o facía cun empate ante o Ponteceso, que despide esta difícil temporada, de transición, con consumado descenso. Tamén remata co descenso o calvario camariñán, mentres o Baio facía unha temporada para recordar, nesta a súa estrea na categoría.

Agora, Baio e Ponteceso mediranse nos Oitavos da Copa, e o Malpica fará o propio ante o Fisterra. A Esteirana caía ante o Volantes mentres o Camariñas perdía co Buño.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Esteirana - Amio (2-1)

A Esteirana mantense en 1-Foto-Jorge Parri
  • ESTEIRANA: Manu, Codesido, Simón, Dani, Sui, Andel (Varela, min.70), Pabliño (Josiño, min.70), Serrano, Alex (Eloi, min.82), Kike e Rober Pladur (Adrián, min.75).
  • Goles: 0-1, min.3: Gol do Amio tras tiro da frontal e tocar nun defensa local que; 1-1, min.15: Kike de penalti cometido sobre el mesmo; 2-1, min.78: Josiño define perfectamente nun man a man tras unha fantástica xogada persoal case dende o medio campo.

Partido cheo de emoción no Xosé Luîs Vara, con dous equipos ca auga ao pescozo e ateigados de tensión pola importancia destes tres puntos. Destacar que pese ao nerviosismo e a importancia do choque, foi un encpntro moi limpo, deportivo e cordial no terreo de xogo.

No estrictamente deportivo, as cousas poñíanse de costas para o clube local, con un gol tempraneiro do Amio que fixo tremer a afección de Esteiro. O certo foi que os visitantes entraron máis metidos no partiso e sorprenderon, despois disto viñéronse arriba os locais e lograron meterse no partido e trocar as tornas. Kike marcou de penalti, despois Rober e Álex gozaron de ocasións claras.

Na segunda metade continuou sendo un partido tenso e sen moito xogo, seguiu Esteirana dispoñendo das mellores ocasión cos dianteiros locais de protagonistas. Rompeu o partido Josiño con un bonito gol e desde aí ata ao final foi un sufrir constante.

Josino celebrando o golazo que vale a permanencia da Esteirana-Foto-Jorge Parri

Finalmente conseguiu o propósito a Esteirana e tocoulle a cara fea da xornada a un Amio moi deportivo. Grande presencia de siareiros dos dous equipos e magnífico o espectáculo na Salina, quedando contentos os locais.

Josino manteado polos seus companeiros da Esteirana-Foto-Jorge Parri

Bertamiráns B - Baio (0-0)

  • BAIO: Manuel, Jose, Norber, Mario, Eloy, Martin, Brais (Fachal, min.70), Bieito, Rubio (Christian, min.60), Alberto e MC.
  • Expulsión: o capitán baiés Martín.

Rematou a temporada para este gran Baio, cun histórico 6º posto. Non puido superar a un Bertamiráns B que queda finalmente 5º, cun só punto máis que os de Félix. Os baieses fixeron un partido moi correcto ante o filial e tiveron a mellor ocasión nunha internada na área rival na que o colexiado non viu penalti.

Houbo poucas chegadas, poucas ocasións, e o equipo quedou con 10 pola expulsión do gran capitán e motor deste equipo cheo de mocidade, pero no que a súa veteranía é fiundamental. Un Martín co que todos, a pesar dos seus 36 anos, seguro que estará o ano que vén co equipo.

Ponteceso - Malpica (2-2)

11 do Ponteceso ante o Malpica 13-14-Foto-Luis Poto
  • PONTECESO: Dani (Illote, min.57), Lorenzo, (Yousef, min.87), Diego, David Brenlla, Jorge, Mendieta, Josito, Dieguito, (Ismail, min.87), Nando, Alberto Recarey, (Dani Cotelo, min.87) e Martín Puente (Yago, min.78).
11 do Malpica ante o Ponteceso 13-14-Foto-Luis Poto
  • MALPICA: Pombo, Mario Casal (Canario, min.64), Adrián, David Castro, Alemán, Andrés (David, min.68), Petís (Almeida, min.63), Fernando Varela, Juan oBello (Eloy, min.46), Eloy Cabeza e Óscar Suárez.
  • Goles: 0-1, min.17: Eloy Cabeza de falta directa pola escuadra; 1-1, min.40: Alberto Recarey a pase de Nando que roubou un pase; 2-1, min.60: Alberto Recarey de penalti sobre Puente; 2-2, min.75: Óscar Suárez aproveita o rexeite de Illote a unha nova falta de Eloy Cabeza.

Partido entretenido pero falto de tensión o vivido no Pinguel. Notouse que non había nada de moita importancia no xogo. CDe feito, o Ponteceso contou con 6 xuvenís por 5 o Malpica, dando conta de que o partido serviu para dar minutos ás xentes da casa.

Así e todo, puxo máis traballo e gañas o Ponteceso, que quería despedir a amarga temporada cunha vitoria. Pero a eficacia do Malpica quedou patente.

Despídese o Ponteceso da categoría nesta mala temporada, que polo menos serve para confirmar a aposta do clube pola xente da casa. Mentres, o Malpica pecha un temporadón con só 5 derrotas, o cal non estivo nada mal. Agora a ver que pasa na Copa pois os dous equipos xa están en Oitavos.

Ponteceso-Malpica-Foto-Wash Calvo

Lamela - Camariñas (8-2)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergi, Juanciño, Martín, Ariel, Chicote, David Toja, Mario Toja, Javi, Sule e David de Muxía. Tamén xogaron: Santi e Ariel.
  • Goles: Sule e David para os camariñáns.

Rematou por fin o periplo deste Camariñas, xa sen moitos dos tripulantes que zarparon co barco a comezo de temproada. De feito, menos mal que Berto puido contar cos xuvenís, e menos mal, e os 5 veteranos que deron a cara. Un Berto que xa nos anunciou que deixa o club, unha vez que ademais o equipo quedou fóra da Copa.

O partido, sen tensión, foi para esquecer. Ao descanso xa marchaba o partido 6-2, e puido ter rematado 10-7.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios