A Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa segue chea de emoción

Continúa en marcha Liga Intermunicipal Reale de Tenis de Mesa da Costa da Morte, unha vez que o Anorthosis certificaba o seu ascenso a pasada semana. Queda só unha xornada tralo choque entre Muxía e Ponteceso, e ao campionato decidirase entre Corcubión e Muxía este mesmo xoves.

5ª Xornada da Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa

Outro encontro igualado entre os muxiáns e pontecesáns, con moitas alternativas no marcador, e que se resolveu no partido de dobres e que poido ser para calquer lado. Emoción ata o final e que consegue enganchar máis, se cabe, aos participantes e tamén público que tamén os ven a ver. Moi ben o mozo Iván Cousillas, gañou os dous partidos, que está mostrando o que sabe e que cada día vai deixando os nervios atrás. Logo coma sempre o 3º tempo aproveitando o bo día nas terrazas de Muxía.

  • Resultado: Muxía - Ponteceso (4-3) // (14-11).

Parciais:

MuxíaPonteceso
José Luis Búa 1-3 Iván Cousillas
Eduardo Rey 1-3 Miguel Canedo
Fabio Domínguez 3-0 J. Luis Pérez
José Luis Búa 3-0 Miguel Canedo
Fabio Domínguez 0-3 Iván Cousillas
Eduardo Rey 3-0 José Luis Pérez
José Luis e Eduardo 3-2 Miguel e Iván

Vindeira cita

Agora queda a última xornada donde se decidirá o primeiro título desta I Liga Intermunicipal Reale. Será o vindeiro xoves día 9 de maio as 5 da tarde no pavillón municipal de Corcubión, o pavillón estará ocupado na fin de semana con outro evento deportivo. Corcubión - Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.