Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso

O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso

Doble cita unha fin de semana máis co tenis de mesa a pasada fin de semana. Por unha banda o Aquacénit disputaba unha doble xornada na 2ª Galega, que este sábado acolle a derradeira xornada que pode supoñer o ascenso do Anorthosis, polo que o ximnasio do CPI de Zas será un fervedoiro na tarde sabatina.

Ademais, continúa en marcha a Liga Intermunicipal de Tenis de mesa. E iso que isto só está empezando e cada día nótase a melloría no xogo, que os bos resultados virán máis adiante. O sábabo enfrontábanse pontecesáns e corcubioneses e cómpre destacar o bo ambiente antes e despois dos partidos. De feito, despois da competición xogaron unhas partidas amistosas.

Liga Intermunicipal de Tenis de mesa. Xornada 3ª

  • Resultado: Ponteceso - Corcubión (2-4) (7-12).

Despois da derrota tan abultada da semana anterior, tiñan os de Corcubión unha espiña que quitar nesta xornada. E abofé que si o fixeron. Cun xogo máis calmado e controlando os golpes impuxeronse claramente aos de Ponteceso.

Notouse a incorporación de Mario Iglesias e que Martín Pérez non fixo por acabar pronto os puntos. Moi ben por parte dos de Ponteceso, pois a pesar de que xogaron os mesmos da 1ª xornada, alí estaban outros tres compañeiros para animar e axudar no que fixese falla.

Estes foron os parciais:

PontecesoCorcubión
Iván Cousillas0-3 Martín Pérez
Miguel Canedo 3-0 Ben Seatle
Miguel Lema 0-3 Mario Iglesias
Miguel Canedo0-3 Martín Pérez
Iván Cousillas 1-3 Mario Iglesias
Miguel Lema 3-0 Ben Seatle

Vindeira xornada

Este sábado 27 de abril ás 17:00h. no pavillón de Corcubión toca enfrontamento entre o Corcubión e o Ponteceso.

2ª División galega, grupo centro

  • Resultado: Escola Lalín - Concello de Zas Aquacenit (4-3) (13-12).
  • Resultado: CTM Lalín "B" - Concello de Zas Aquacenit (3-4) (13-13).

Longo desprazamento do Aquacénit para xogar os partidos cos amigos de Lalín, e tan amigos que cando os xogadores de Zas se deron conta xa perderan o primeiro encontro contra os rapaces de Lalín. Logo puxeron as pilas e concentrandose no xogo impuxeronse ao, na clasificación polo menos, bo equipo local. Co Concello de Zas Aquacenit xogou Joel Quintáns que a pesar da súa inexperiencia vai mellorando a grandes pasos.

Próxima xornada

Vindeira xornada e última desta temporada, clave para decidir o ascenso do Anorthosis, sábado 27 de abril a partir das 16'00 h. no ximnasio do CPI de Zas:
- 16'00 h. Anorthosis Vimianzo - Conxo Promesas.
- 18'30 h. Concello de Zas Aquacenit - Conxo Promesas.

Logo queda o remata da temporada cos torneos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios