A Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa segue chea de emoción


Continúa en marcha Liga Intermunicipal Reale de Tenis de Mesa da Costa da Morte, unha vez que o Anorthosis certificaba o seu ascenso a pasada semana. Queda só unha xornada tralo choque entre Muxía e Ponteceso, e ao campionato decidirase entre Corcubión e Muxía este mesmo xoves.
5ª Xornada da Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa
Outro encontro igualado entre os muxiáns e pontecesáns, con moitas alternativas no marcador, e que se resolveu no partido de dobres e que poido ser para calquer lado. Emoción ata o final e que consegue enganchar máis, se cabe, aos participantes e tamén público que tamén os ven a ver. Moi ben o mozo Iván Cousillas, gañou os dous partidos, que está mostrando o que sabe e que cada día vai deixando os nervios atrás. Logo coma sempre o 3º tempo aproveitando o bo día nas terrazas de Muxía.
- Resultado: Muxía - Ponteceso (4-3) // (14-11).
Parciais:
Muxía | Ponteceso | |
José Luis Búa | 1-3 | Iván Cousillas |
Eduardo Rey | 1-3 | Miguel Canedo |
Fabio Domínguez | 3-0 | J. Luis Pérez |
José Luis Búa | 3-0 | Miguel Canedo |
Fabio Domínguez | 0-3 | Iván Cousillas |
Eduardo Rey | 3-0 | José Luis Pérez |
José Luis e Eduardo | 3-2 | Miguel e Iván |
Vindeira cita
Agora queda a última xornada donde se decidirá o primeiro título desta I Liga Intermunicipal Reale. Será o vindeiro xoves día 9 de maio as 5 da tarde no pavillón municipal de Corcubión, o pavillón estará ocupado na fin de semana con outro evento deportivo. Corcubión - Muxía.
Novas relacionadas
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso.
- O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas.
- Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa.
- Calendario: En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa.
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.