Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas

O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas

Esta pasada fin de semana había doble cita co tenis de mesa na Costa da Morte. Por un lado, continúa a I Liga intermunicipal de tenis de mesa, mentres que o Anorthosis segue no seu camiño cara a 1ª División.

I Liga intermunicipal de tenis de mesa

Stevo Lema entregoulle ao capitan do Corcubion o material de Seguros Reale patrocinador da Liga

Este sábado tiña lugar en Muxía a 2ª xornada da I Liga intermunicipal de tenis de mesa, Reale Seguros. E o choque entre Muxía e Corcubión rematou cun resultado abultado e inesperado, no que os muxiáns aproveitaron a precipitación e a rapidez con que os integrantes do equipo de Corcubión querían acabar os puntos. Os nervios do debut e as ganas de xogar non deixaron asentar a cabeza aos da vila de San Marcos, dando como resultado uns partidos "fáciles" para os de Muxía, pero esto so acaba de empezar.

Como xa acontecera en Ponteceso na primeira xornada o equipo de Corcubión recibiu o material deportivo, xentileza de Reale Seguros (oficinas de Ponteceso, Carballo e Arteixo) patrocinador desta liga.

S eo resultado global foi de 6-0 para o cadro muxián, Estes foron os resultados parciais:

  • José L. Toba - Marroco (3-0).
  • Eduardo Rey - Martín (3-2).
  • Santi Pérez - Justo (3-0).
  • José L. Toba - Martín (3-0).
  • Santi Pérez - Marroco (3-1).
  • Eduardo Rey - Justo (3-1).

A próxima xornada será o domingo 21 de abril no pavillón municipal de A Trabe (Ponteceso) ás 11:00h. O choque será entre o Ponteceso e o Corcubión.

O Anorthosis camiño de 1ª División

Grandes resultados, e esperados, do Anorthosis Vimianzo ante un equipo da parte baixa da clasificación. o máis salientable desta xornada é que o Anorthosis, grazas a derrota do Liceo de Noia "B" en Oleiros, ocupa a 2ª prza na clasificación e si gaña o último encontro contra Conxo Promesas, tamén da parte baixa da clasificación, conquerirá o ascenso a 1ª división galega.
Por elo, cómpre dar a noraboa aos integrantes do equipo Anorthosis Vimianzo e, por engadido, ao resto dos integrantes do clube xa que despois de varias temporadas intentándoo por fin estase a un paso de conseguirse.

Polo outro lado o Concello de Zas Aquacenit cumpriu o trámite e dando oportunidade aos rapaces novos para foguearse.

2ª División galega, grupo centro

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Oroso Valoriza 6-1 (20-4).
  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Oroso Valoriza 4-3 (14-10)

Vindeira xornada

Para o sábado 20 de abril en Lalín, toca:
- CTM Lalín "B" - Concello de Zas Aquacenit.
- Escola Lalín - Concello de Zas Aquacenit.

As celebracións do ascenso esperaranse ata o 27 de abril cando se gañe, esperemos, a Conxo Promesas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios