Martes. 23.04.2024
El tiempo

En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa

En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa
Liga Intermunicipal tenis de mesa costa da morte

Logo do éxito rotundo do 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte, tócalle o turno ao tenis de mesa. Da man do alma máter da familia soneirá de tenis de mesa, Stevo Lema, e coa colaboración da xente do xadrez do Cabo Touriñán, poñen en marcha esta I Liga Intermunicipal de Tenis de mesa, que levará este divertidísimo deporte por toda a bisbarra.

A idea foi moi ben acollida dende toda a bisbarra pero finalmente só se animaron os xogadores de tres concellos: Corcubión, Muxía e Ponteceso. I é que ao non poderen apuntarse os xogadores federados, toda a familia zaense do Anorthosis queda fóra da competición, que con campiona galega e todo sería demasiado abusar.

Será esta a semente para seguir espallando este deporte, pensando en que o vindeiro ano sexan máis concellos da zona, e que tamén haia a posibilidade de espallar a proba a nivel intercomarcal, por Noia, Oroso... pero eso queda para máis adiante.

Para esta 1ª edición contan co patrocinio de REALE seguros (oficinas de Ponteceso, Carballo e Arteixo) e co compromiso de continuar en vindeiros anos dado que ao responsable destas oficinas, José Manuel Mato Varela, gustoulle moito esta idea.

Calendario da I Liga Intermunicipal de Tenis de mesa

A Liga empeza xa este domingo 7 de abril:

  • DOMINGO 7 DE ABRIL ÁS 11'00 PAV. MUN. DE PONTECESO: PONTECESO - MUXÍA.
  • SÁBADO 13 DE ABRIL ÁS 15'30 ANTIGUO MERCADO MUXÍA: MUXÍA - CORCUBIÓN.
  • DOMINGO 21 DE ABRIL ÁS 11'00 PAV. MUN. DE PONTECESO: PONTECESO – CORCUBIÓN.
  • SÁBADO 27 DE ABRIL ÁS 17'00 PAV. MUN. DE CORCUBIÓN: CORCUBIÓN - PONTECESO.
  • SÁBADO 4 DE MAIO ÁS 17'00 ANTIGUO MERCADO MUXÍA: MUXÍA – PONTECESO.
  • SÁBADO 11 DE MAIO ÁS 17'00 PAV. MUN. DE CORCUBIÓN: CORCUBIÓN – MUXÍA.
  • SÁBADO 18 DE MAIO ÁS 17'00 PAV. MUN. DE PONTECESO: TORNEO INDIVIDUAL E ENTREGA DE TROFEOS AOS PARTICIPANTES.

As reglas

Para os enfrentamentos usarase o sistema "swailing reducido modificado", un nome moi largo e de dificil comprensión, no cal enfrentanse 3 xogadores en 6 partidos individuales e en caso de empate 3-3 xógase un partido de dobres. Antes do enfrentamento un equipo escolle A, B, C e o outro X,Y,Z e logo enfrentanse A-Y, B-X, C-Z, A-X, C-Y e B-Z e se hai empate escollese a parella que xoga os dobres (poden ser xogadorers diferentes).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios