Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa

Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa
Mato de Seguros Reale entregando material ao capitan do Ponteceso Miguel Canedo e ao do Muxia Santiago Perez

Empezou, por todo o alto, esta I Liga Intermunicipal de tenis de mesa de afeccionados. Unha Liga, que ao igual que a proposta xadrecística, pretende espallar este deporte pola bisbarra. E a Liga arrincaba cun encontro moi disputado e igualado entre Ponteceso e Muxía, que se solventou no último partido, o de dobres, no que se impuxeron os muxiáns, conseguindo así a vitoria por 4-3.

Antes de disputarse o encontros, os equipos contendientes recibiron un obsequio, material deportivo de tenis de mesa, da casa patrocinadora (Reale seguros, con oficinas de Ponteceso, Carballo e Arteixo), e que agradeceron tanto os xogadores como os responsables dos equipos. Por suposto, ao final os xogadores disfrutaron do 3º tempo, tomando algo xuntos.

1ª Xornada: Muxía - Ponteceso

Estes foron os resultados.

- Individuais:

Comentarios