Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Pipa: Algúns brotes verdes

A Pipa: Algúns brotes verdes
Buno-Mazaricos-Foto-MeryVillar Imaxe do Buño-Mazaricos-Foto-Mery Villar Cada vez queda menos para a conclusión das competicións e, nalgúns casos, comezan a albiscarse brotes verdes pero, noutros, a situación cada vez é máis complicada, co que iso podería carrexar en forma de descensos en cascada. A competición que marca a cascada comeza na 2ª División B, onde o Racing de Ferrol e o Cerceda están en zona de descenso directo, mentres que o Pontevedra, a día de hoxe, disputaría a promoción de permanencia. Estes dous descensos farían que en 3ª División perdesen a categoría 6 equipos, posicións nas que están situados Laracha, Negreira e Noia. En consecuencia, de Preferente serían outros 6 os descendidos, e nesa zona estaría o Dumbría. Xa en 1ª, co descenso do Dumbría, ocuparían zona de descenso o Baio, por arrastre, e o San Lorenzo, en descenso directo, o que faría que de 2ª a 3ª descendesen 4 equipos, dous de xeito directo, Outes e Coristanco, e dous por arrastres, Cee e Buño. Pero, dunha semana a outra, todo pode sufrir modificacións, sobre todo si os de arriba comezan a apertar, ou se producen ascensos de 3ª a 2ª B; de 1ª a Preferente ou de 2ª a 1ª, o que reduciría o número de descensos en cascada.

2ª Galicia

Na xornada do pasado fin de semana, en 2ª, o duelo que chamaba poderosamente a atención enfrontaba a Baiñas e Esteirana en Vimianzo, e os locais lograron un gran triunfo, por 3-0, que lles coloca na zona de promoción de ascenso, a 6 puntos do liderato, que ocupa o Mazaricos, conxunto que non pasou do empate en Buño, malia adiantarse por dúas veces no marcador, pero viu como os homes dirixidos por Dani Calvete salvaban un dos puntos en xogo a falta de dous minutos para a conclusión da contenda. Sorpresa en Corme, relativa por canto do Monte Louro está realizando unha gran campaña, pero esperábase máis do once azul, que perde comba na procura de, polo menos, a segunda praza de promoción. Os pupilos de Oscar Leis saíron respondones e souberon sumar un dos puntos en xogo. Gran partido do Muxía en Outes, onde nos primeiros corenta e cinco minutos noqueó por completo ao conxunto blanquinegro, alcanzando un rotundo 0-4 que deixaba a confrontación vista para sentenza, aumentando a vantaxe na segunda metade, e deixando aos locais sumidos na última praza da clasificación, aínda que a permanencia sen arrastres téñana a tres puntos de distancia. Vitoria importante do Cee no seu terreo sobre un Cerqueda que parece levantar o pé do acelerador. Os locais, cun novo tanto de Leo, seguen na zona incómoda da táboa, pero suman tres puntos moi importantes para intentar escapar da citada zona de descenso. A fichaxe de Dani Fuentefría pode ser ademais un novo impulso para o cadro ceés. Arrincou un punto moi traballado o Coristanco en Ponteceso, pois aos 7 minutos adiantábase o once local, de penalti, e tivo que traballar de xeito abondo o once verde para, pouco antes do final da contenda, lograr o empate que lles soubo a gloria e mantenlles a un punto da permanencia e a dúas da zona de arrastre. Lira e Sporting Zas deron importantes pasos para asegurarse a permanencia en 2ª cos seus triunfos, pola mínima, ante Malpica e Camariñas, respectivamente. En Carnota, gran comezo do Lira, que se adiantou cun claro 3-0 sobre o Malpica, e, auqnue os visitantes recortaron distancias, o 3-2 final deu os tres puntos en xogo aos locais. En Zas, o Sporting superaba por 2-1 a un Camariñas que vendeu cara a súa derrota ante un once local que non se atopou cómodo en ningún instante e un conxunto camariñán que buscou o empate na segunda metade. Na próxima xornada, por arriba, o Mazaricos recibe no Pino do Val ao Cee, mentres que o Baiñas rende visita ao Camariñas. Dous equipos en busca do ascenso contra dous conxuntos que queren a permanencia. O Corme, pola súa banda, visita ao Cerqueda en Buño, nun partido moi interesante. Quinto e sexto, Muxía e Ponteceso, enfróntanse en Arliña. Choque importante en Coristanco, onde xoga o Sporting Zas, e en Malpìca, coa visita do Buño, no derby da localidade, mentres que hai dous miniderbis. Por unha banda, o Monte Louro recibe a un moi necesitado Outes, mentres que a Esteirana medirase ao Lira, en busca de retornar á segunda praza da clasificación.

Preferente

Gran xornada en Preferente, na que gañaron os tres representantes costeiros, e todos eles a domicilio. Pola súa importancia, o Dumbría sumaba o triunfo en Outeiro de Rei, ante o colista, o que coloca aos pupilos de Nacho Barreiro empatados co Viveiro na zona de permanencia, sen arrastres, e outorga un lixeiro balón de osíxeno, que deben referendar nas próxima xornadas. O Xallas suma e segue e xa está na oitava praza da clasificación, coa permanencia prácticamente asegurada en Preferente e loitando por coarse na zona nobre da clasificación. O triunfo no complicado campo do CD Castro, que pugnaba pola cuarta praza, reafirma o magnífico traballo realizado polos homes de Néstor Romero, que queren seguir a súa liña ascendente. E non foi menos o gran triunfo do Sofán en Boimorto, por 0-5, nun partido moi completo dos pupilos de Iván Cancela, que paso a paso están asegurándose a permanencia un ano máis en Preferente. En Boimorto foron superiores a un conxunto que viña en racha positiva, e que tiña os mesmos puntos que o equipo rojillo. Na próxima xornada, bo partido na Fontenla, coa visita do histórico Ordenes, que se atopa a dous puntos dos xalleiros na táboa. O Dumbría terá un óso duro de roer coa visita do Estudiantil, situado na zona media da táboa. Pola súa banda, o Sofán debe de sumar os tres puntos coa visita do colista, Outeiro de Rei, ás Eiroas.

1ª Galicia

En 1ª, respira, e moito, o Fisterra, que sumou un importante triunfo no seu duelo ante un rival directo, como o era o Silleda, pero dous goles na primeira metade significaron un paso adiante moi importante para os verdes, que se afastan en cinco puntos do posto de arrastre a 2ª, que ocupa un Baio que nada puido sumar no seu complicado desprazamento ao terreo do líder, Agolada, sufrindo unha derrota por 2-0, pese a que os homes de Diego Díaz intentaron, por todos os medios, dar cumprida resposta á proposta local, sen conseguir o seu obxectivo ao final. O Soneira non tivo maior problema para derrotar, e ampliamente, a un Riveira inmerso no descenso a Segunda. Os pupilos de Pedro Gómez foron superiores de principio a fin e non deixaron opcións aos seus rivais, pese a que as opcións de chegar á zona de promoción sexan moi reducidas. Para rematar, non tivo fortuna o San Lorenzo en Sigüeiro, ante o once local, tamén inmerso na zona de permanencia, pero os pupilos de Pablo Mallón deron unha moi boa imaxe, malia a derrota por 3-2, que lles segue deixando como farolillo vermello e coa permanencia cada vez máis complicada. Na próxima xornada repite saída o San Lorenzo, que irá a Riveira con intención de queimar as súas últimas naves, mentres que o Baio recibe a un Poboa que busca a segunda praza e a promoción de ascenso. O Fisterra visita ao Unión de Rianxo que se afastou da zona de promoción e está situado na sexta praza a sete puntos da mesma, mentres que o Soneira irá a Silleda onde pode sentenciar ao once local na zona de descenso.

3ª Galicia

En 3ª, un punto separa ao Volantes do ascenso directo, e tres ao Muros de logralo, e ambos esperan facelo na próxima xornada. O pasado fin de semana sumaron senllos triunfos, moi traballados iso si, ante Nantón, a domicilio, o Volantes e sobre o Seaia, en Muros, o conxunto celeste. Ademais, víronse moi beneficiados polos tropezos dos seus máis inmediatos perseguidores, Camelle e Laxe, que perderon ambos, loos primeiros ante un renacido nas últimas xornadas Castrelo, e o Laxe en Ponte do Porto, fronte ao Porteño, descansando o Ameixenda. Só o Cabana sumou os tres puntos, e moitísimo sufrimento, o que fai que os equipos muradanes teñan que esperar unha semana máis para celebrar ao grande o seu retorno á Segunda da Costa. O que se pon caro é a promoción, pois parece que ninguén lla quere asegurar, salvo o Cabana, pero os demais estanse mostrando moi irregulares, aínda que os tropezos constantes de Castriz ou Nantón fan que a vantaxe do Ameixenda sexa de tres puntos, e a do Laxe e Camelle sexa de catro. Na xornada da próxima fin de semana, o Volantes recibe no partido da xornada a visita do Ameixenda e, de puntuar, será novo equipo de 2ª tres xornadas antes do final da competición, descansando nesta xornada o Muros. Os muradáns, malia non xogar, poderían ascender si o Cabana non gaña en Laxe, partido onde os dous conxuntos xóganse o asegurarse a súa presenza na fase final de ascenso e alcanzar a vantaxe de campo sendo terceiro ou cuarto. Camelle, Castriz, Porteño e Nantón xogaranse as súas posibilidades de play-off, enfrontándose a Corcubión, o Camelle, e ao Outes B, o Nantón, pois Castriz e Porteño mídense entre eles en terreo rossoneri. O Seaia, con mínimas opcións de promoción, recibe en Malpica ao Castrelo.
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Novas relacionadas

A Pipa 17/18

Fonte

Comentarios