Martes. 08.10.2024
El tiempo

A Pipa: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme

A Pipa: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme
O capi do San Lorenzo de Verdillo Xornada importante na Liga da Costa, co duelo entre o Mazaricos, terceiro clasificado, e Corme, líder, no Pino do Val, e os azuis foron capaces de empatar un duelo que ao cuarto de hora perdían por 2-0, tralos tantos de Martín, bigoleador no duelo. No entanto, antes do descanso recortou o Corme e xa na segunda metade salvaría un dos puntos en xogo e mantense como líder e invicto a fronte da táboa, aínda que coa súa vantaxe recortada en dous puntos. E é que non fallaron os seus perseguidores, pois tanto Baio como San Lorenzo e Ponteceso sumaron os tres puntos en xogo. Os branquiazuis sufriron de xeito abondo para superar, no Pratas Reinoso, a un Malpica que realizou un moi bo encontro, empatando o tempranero gol de MC para os locais, Mantivo o empate o once dirixido por Repi ata os últimos minutos, nos que MC volvía marcar e daba un triunfo moi importante aos homes de Pedro Gómez. No tempo de desconto, Diego converteuse no heroe local con dúas grandes intervencións e un lanzamento ao pau de Mario Casal. En Camariñas, pese ao tempranero gol dos locais, a pouco de iniciarse o encontro, e quedarse con dez homes, o San Lorenzo foi capaz de remontar o partido e levarse de xeito merecido os tres puntos en xogo, que lle manteñen na cuarta praza, a dous puntos do Mazaricos e cinco do Baio. Volveu á senda do triunfo o Ponteceso, cunha vitoria incuestionable en Esteiro, malia que os locais adiantáronse no marcador aos seis minutos, pero xa antes do descanso os pupilos de Barca tiñan o encontro encarrilado cun 1-3 que mostraba o potencial dos visitantes. Na segunda metade, un novo tanto do Ponteceso pechaba o 1-4 final. Castriz e Monte Louro empatan na loita pola sexta praza, moi lonxe dos postos de honor da clasificación. Ambos venceron nos seus respectivos choques, ante Laxe, os rossoneri, e Cerqueda, o conxunto muradán, e os dous fixérono con sufrimento, pois en Santa Comba os locais venceron ao Laxe con tres tantos na segunda metade e tras un primeiro tempo mellor dos visitantes, mentres que en Louro, os xogadores de Oscar Leis non sentenciaron ante o Cerqueda ata os últimos minutos. Importante salto do Coristanco na loita pola permanencia tras derrotar a un Porteño que vendeu cara a súa derrota, pero que viu como dous goles nun minuto (73 e 74), daban unha vantaxe insalvable aos pupilos de Alberto Pensado, que empatan na táboa coa Esteirana e deixan por baixo ao Corcubión. Precisamente os pupilos de Emilio Corzón non eran capaces de puntuar no derbi ante o Cee, e un solitario gol de Juan Bello, na primeira metade, serviu para que os ceenses sumasen un triunfo balsámico que lles afasta en oito puntos da zona de descenso, mentres que deixa aos blanquiazules dous puntos por encima da mesma. Parece reaccionar o Baiñas, que sumou o seu segundo triunfo consecutivo, nesta oportunidade ante un Buño que se complica a vida. Os de Vimianzo adiantáronse no primeiro minuto de xogo e, pese os intentos do Buño, souberon alcanzar a vitoria, cimentada con dúas tantos nos últimos dez minutos da contenda. Na próxima xornada varios son os partidos que chaman a atención. Por unha banda, o desprazamento do líder a Corcubión, con tres puntos en xogo moi importantes para ambos equipos, con diferentes obxectivos. O duelo da xornada, sen dúbida, é o que enfrontará no Pratas Reinoso ao Baio e Mazaricos, separados por tres puntos na táboa, e cos dous equipos co obxectivo de dar alcance ao Corme na clasificación. Favoritos o San Lorenzo, ante o Buño, e o Ponteceso, fronte ao Camariñas, aos que o resultado do partido de Baio pódelles achegar aos postos de privilexio da clasificación. Porteño, Laxe e Baiñas, os tres que ocupan postos de descenso, reciben nos seus terreos de xogo a Cee, Monte Louro e Castriz, respectivamente, e os tres coa necesidade imperiosa de sumar os tres puntos en xogo. Coristanco e Esteirana, os outros conxuntos en situación complicada, terán dous duelos difíciles, cos seus desprazamentos a Cerqueda, os da Terra dá Pataca, e Malpica, a Esteirana..   Só un empate en Preferente Na máxima categoría con representación costeira, non foi unha xornada positiva, pois perderon en terras lucenses Xallas e Sofán, e empató en casa o Soneira. Os xalleiros viron freada a súa marcha excelente coa derrota en Viveiro, ante un once local que remontou na segunda metade o 0-1 dos verdes, conseguindo o triunfo cun penalti bastante rigoroso, que deixa aos pupilos de Iván Cancela na sexta praza, a tres puntos dos postos de promoción de ascenso. En Sarrria, o Sofán, pese a ser superior ao seu rival en xogo e oportunidades, terminou perdendo por 2-0 un choque no que mereceu moito máis do que recibiu. Un gol anulado e un penalti que reclamaron os rojillos puideron cambiar o signo do encontro, pero ao final dous erros defensivos condenaron aos homes de Josito. Meritorio empate do Soneira ante un Paiosaco que busca o ascenso a Terceira División. Os visitantes adiantáronse na primeira metade, pero un tanto de Vía puxo as táboas no marcador, que non satisfixo a ningún dos dous conxuntos, pois para os seus obxectivos a vitoria era o único resultado válido. Na próxima xornada, non pode fallar o Soneira no seu desprazamento a Betanzos, ante un conxunto do que lle separan catro puntos e que busca, como os vimianceses, a permanencia en Preferente. En Santa Comba, o Xallas é favorito ante un Arzúa moi mellorado nas últimas xornadas, do mesmo xeito que o Sofán que recibirá en O Carral ao Galicia de Mugardos.   Importante triunfo do Sporting Zas en Primeira O máis reseñable en Primeira, ademais da suspensión polo temporal do Poboa-Outes, foi o triunfo do Sporting Zas no seu desprazamento a Escravitude, cun gol a falta de cinco minutos, que afasta aos sportinguistas do descenso e ata do arrastre que de momento se pode producir. O Dumbría segue ao seu, que é gañar e ver cada vez máis preto o retorno a Preferente, con oito puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. Ante o Villestro, dous goles marcaron a diferenza entre o líder e o colista. Sorpresa en Fisterra, onde un once local moi diferente ao das últimas xornadas, e pese a adiantarse no marcador, viu como o Flavia, con dous goles en dous minutos, sumaba o triunfo en Ara Solís. Na próxima xornada, partido complicado para o Zas ante Agolada, segundo clasificado, en San Andrés, mentres qwue o Outes ten que gañar, si ou si, ao Escravitude na Serra. O Fisterra renderá visita a un Unión que está en situación incómoda, mentres que o Dumbría pasará unha dura proba no terreo do cuarto clasificado, Piloño.   En Terceira, loita pechada polo play-off Co Muxía cada vez máis cerca do título e ascenso, e que nesta xornada goleó ao colista, Camelle, a domicilio, e un Ameixenda que non falla e case se asegura a súa presenza na fase final, os outros postos parecen estar dous deles dispostos para Nantón e Lira, pese a que os lirachos non terminan de arrincar trala destitución de Manín, e a última praza en xogo segue tendo tres candidatos, Castrelo, Volantes e Cabana. Precisamente o duelo entre Cabana e Volantes suspendeuse a causa do temporal, mentres que o Castrelo empataba en Vimianzo co Lira, co que lle seguen separando dous puntos de Volantes e tres do Cabana, pero estes dous conxuntos cun encontro menos disputado. Na próxima xornada, un choque excepcional en Muxía, coa chegada do Nantón, terceiro clasificado, mentres que o Ameixenda recibirá en Cee a un Castrelo que necesita gañar para non perder o seu posto na fase de ascednso. O Volantes é favorito no seu duelo co Camelle, mentres que Lira e Cabana poñerán en xogo tres puntos crave para as aspiracións de ambos conxuntos. O Seaia, que aínda pode meter a cabeza na promoción, debe vencer a un Outes B capaz do mellor e do peor.  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

A Pipa de Corredoira

Fonte

Comentarios