Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Pipa: Caen os líderes... e os adestradores

A Pipa: Caen os líderes... e os adestradores
Volantes de Bano -Foto-Manuel Camano Derrota do líder, o Volantes de Baño -Foto-Manuel Camano O máis destacado desta 10ª xornada nas competicións da Costa, aínda que en Preferente e Primeira xa son máis as xornadas disputadas, sen dúbida, en canto a resultados, foron as derrotas dos líderes de 2ª e 3ª, Mazaricos e Volantes de Baño, respectivamente; e os novos movementos nos banquiños, co cese como técnico do Dumbría de Diego Lobelos, un home da casa e que seguro lle custou moito á directiva presidida por César Ferrío o tomar esta decisión, poñendo a Nacho no seu lugar; mentres que por Baio, Pedro Gómez anuncia a súa dimisión.

2ª Galega

En 2ª, o Corme foi o primeiro equipo en superar, nun gran encontro, ao líder, Mazaricos, acurtando así as distancias na táboa clasificatoria, aínda que os amarelos manteñan o seu liderato con comodidade. O choque foi trepidante, cun Corme que se adiantou cun 2-0 ao seu favor, pero viu como, a falta de dez minutos, recortando o líder a falta de dez minutos, pero o postreiro tanto de Lucas, determinou o triunfo local. Non puido recortar moitos puntos o Ponteceso, que noutro encontro moi disputado e emocionante cedía un empate no seu terreo ante un rocoso Cerqueda, que pese a quedar con nove homes nos últimos minutos foi capaz de arrincar un empate que mantén aos pupilos de Tito Pedreira na segunda praza da clasificación. Quen si recortaron por partida tripla foron Esteirana e Baiñas. Os azulgrana venceron e convenceron en Malpica, ante o remozado conxunto local, endosándolle un claro 1-4, logo de chegar ao descanso con vantaxe mínima por 1-2, aumentando a súa vantaxe na o segunda metade malia quedar con dez homes pola expulsión de Simón. O Baiñas, pola súa banda, sufriu moito para derrotar á revelación da tempada, Muxía, pero ao final un tanto do goleador Pablo Muiño, a falta de cinco minutos, deixou os tres puntos en Vimianzo, logo de noventa minutos moi igualados e emocionantes, con ocasio0nes para ambos onces e un mínimo triunfo local. Sorpresa en Outes, onde un imperial Cee endosaba un resultado inesperado co 0-6 final, ante un once local que se viu impotente ante a máxima efectividade dos ceenses, onde volveu destacar unha vez máis, e van?, o incombustible Leo Picallo, con tres novos goles anotados. Triunfo do Montelouro de Oscar Leis en Zas, ante un Sporting que segue sen sumar na táboa, pese a que nesta oportunidade, e tralo 0-1, mandou sobre o terreo de xogo e gozou de varias ocasións para revertir o resultado, pero ao final, os desacertos ante a meta e a efectividade do conxunto muradán, fixeron que os tres puntos viaxasen para Louro. Os outros dous encontros finalizaron con reparto de puntos. En Buño, os locais e o Camariñas empataron sen goles nun encontro onde os visitantes quedáronse con 10 moi pronto e ata marraron no lanzamento dun penalti. Na segunda metade, dominio dos pupilos de Dani Valvete e bo labor de contención dos de Ton, saldándose a confrontación co 0-0 inicial- En Carnota, o Lira viuse sorprendido por un Coristanco capaz do mellor e do peor. Adiantáronse os visitantes, empataron os locais, quedouse con dez o Coristanco e daba a volta ao marcador o Lira, que fallaría un penalti ao bordo do descanso, pero lonxe de amilanarse, o Coristanco soubo responder e logrou empatar o encontro a falta de vinte minutos, chegando ao final co 2-2, pese ao acoso final do Lira. Na próxima xornada, partido grande en Mazaricos, onde chega a Esteirana a catro puntos do líder. O Ponteceso renderá visita a un crecido Cee, mentres que o Baiñas viaxa a Louro para enfrontarse ao once local. En Buño, o Cerqueda será o anfitrión do Sporting Zas, mentres que o Corme, quinto clasificado, medirase a un tocado Outes. Bo partido en Muxía, onde xogará o Lira, recibindo as visitas de Buño, o Coristanco, e Malpica, o Camariñas.

Sen reacción en Preferente

Unha semana máis a Rexional Preferente foi esquiva para os intereses dos representantes da Costa, pois aínda que o Xallas arrincaba un meritorio empate en terras lucenses, o Sofán e o Dumbría eran derrotados, e ambos de xeito claro. Ante a Residencia, o Xallas logrou un importante punto a domicilio, nun choque onde os locais adiantáronse moi pronto no marcador, aos sete minutos, empatado oito minutos despois o once xalleiro con tanto de Álex Branco, que sería expulsado a doce minutos do final. Puido gañar o Xallas a pouco do final, cun lanzamento de Julián que detivo nunha gran intervención o meta local. Desafortunada saída do Sofán no derbi ante o líder, Paiosaco, onde os homes de Iván Cancela víronse claramente superados polos pupilos de Juan Riveiro, encaixando un claro 3-0 na segunda metade, pois ao término dos priemros corenta e cinco minutos o marcador sinalaba o 0-0 inicial. As lesións de Rubén e Canedo mermaron moito aos rojillos, que ao final viron como o líder mostraba o seu fondo de armario e lograba o triunfo con máis amplitud da esperada. Non lle foi ben ao Dumbría en Viveiro, onde os ata ese instante pupilos de Diego Lobelos (destituído o luns; Nacho será o seu relevo) sucumbían por un claro 5-1, chegando xa ao descanso co encontro resolto tralo 3-0 favorable aos celestes. Aínda que recortarían os visitantes, nos últimos minutos terminaron desfondados e encaixando dous novos tantos que significaron o 5-1 final. Na próxima xornada, mini derby en Santa Comba, coa visita do Dubra de Chus Baleato. Dous equipos lucenses renderán visita ao Sofán e Dumbría, Viveiro e Ribadeo, respectivamente, aos que intentarán superar os nosos representantes.

Empates e derrota na 1ª

Tampouco foi excesivamente boa a xornada en 1ª Autonómica, onde ningún equipo logrou a vitoria, aínda que dúas deles enfrontábanse entre si, Baio e Fisterra, perdendo o Soneira no seu desprazamento ao terreo do farolillo vermello, Tordoia, e empatando o San Lorenzo en Bertamiráns. O duelo entre os dous conxuntos costeros no Platas Reinoso de Baio saldouse cun empate a un tanto, logo de noventa minutos moi intensos, onde ambos conxuntos,cada un coas súas armas, buscaon un triunfo que non chegaría. Adiantouse primeiro o Fisterra, antes da media hora de xogo, empatando pouco despois o Baio. Na segunda metade, o conxunto de Pedro Gómez, que este mércores anunciaba a súa dimisión, buscou o triunfo, e gozou de boas ocasións, pero o que estivo a piques de conseguilo foi o Fisterra case ao final do encontro. Gran partido do San Lorenzo en Bertamiráns, onde se soubo sobrepoñer a un 3-1 en contra ao término da primeira metade,con dous goles seguidos nun minuto, que parecían sentenciar o choque, pero nun segundo tempo de entrega e bo xogo foi capaz de alcanzar o empate con tres goles de Parafita, merecida polo xogo desenvolvido. Saltou a sorpresa en Tordoia, onde o once preparado por Rafa Pais perdeu co colista por 2-1. Os brancos buscaron o triunfo con maior dominio, pero sería o once local, a base de entrega e unha excelente concepción defensiva do xogo e saídas ao contragolpe, os que se levarían o gato ao auga e sumar tres importantes puntos no seu afán de escapar da zona de descenso. Na próxima xornada, novo derbi, neste caso en Vimianzo, onde o Soneira medirase ao Baio nun dos encontros da xornada. O Fisterra recibirá en Ara Solís ao Agolada, terceiro clasificado, mentres que o San Lorenzo buscará a vitoria nas Pedreiras ante o renacido Tordoia.

En 3ª, loita sen cuartel

Gran xornada na Terceira da Costa, onde o líder, Volantes, caía derrotado no campo de Cee, ante o Ameixenda de Manolín, cun 3-1 final logo de noventa minutos tremendamente disputados, nos que o once local adiantouse antes do descanso, incrementou a súa vantaxe trala reanudación, viu como recortaba o Volantes á hora de xogo, e sentenciaba a contenda a falta de quince minutos. A derrota do Volantes, unida ao triunfo do Cabana sobre o Laxe, no outro gran encontro da xornada, deixa aos blanquiazules a un punto dos líderes, cun encontro menos disputado. Os cabaneses sufriron moito paa superar a un Laxe ben plantado sobre o terreo de xogo, que viu como o once de Oscar Mingui marcaba o seu tanto a cinco minutos do final da confrontación, e facíase cos tres puntos en xogo. Sufriu moito o Camelle para arrincar un empate no campo do Corcubión, onde os pupilos de Emilio Corzón viron como se lles escapaba a vitoria no último minuto do choque, logo de gozar dunha vantaxe de 2-0, igualada polo Camelle xa na segunda metade e adiantarse antes da hora de xogo novamente o once local. Ao final, un reparto de puntos que satisfai máis aos visitantes que aos locais. Sorpresa realtiva na Ponte do Porto, onde o Porteño vía como un irregular Castriz superáballe nun gran partido, con moitos goles, por 3-5. Un 0-3 aos 50 minutos parecía deixar visto para sentenza o encontro, pero colocaríase cun amenazante 2-3 en tres minutos o Porteño, vendo cortada a súa reacción e colocando o Castriz un 2-5, pechando no último minuto co tanto local. Triunfo relativamente cómodo do Nantón sobre o filial do Outes, aínda que non o foi tanto, pois os blanquinegros colocaron o 2-1 no marcador antes do hora de xogo e puxeron en graves aprietos aos locais, que ao final, cun tanto de Iván, sentenciarían a contenda e colócanse a catro puntos do líder en zona de play off de ascenso. Goleada do Seaia en Vimianzo, ante un Castrelo que se viu superado na segunda metade, pois ao término dos primeiros corenta e cinco minutos o resultado era de 0-0. Dous goles en dous minutos, antes do primeiro cuarto de hora da segunda metade, unidos á expulsión do meta local, fixeron que o resultado final fose contundente a favor dos malpicanes, por 0-4. Na próxima xornada, descansa o líder, Volantes, o que intentarán aproveitar os seus máis inmediatos perseguidores para dar a volta á tortilla e recortar distanciasd ou, no caso do Cabana, superarlle na táboa. Pero non o terán fácil, pois os blanquinegros visitarán ao Castriz, que quere chegar á zona de play-off, mentres que o terceiro, Camelle, terá o derbi ante o Porteño. Favorito o Muros ante o Castrelo, mentres que o outro duelo da xornada dispútase en Laxe, onde xogará o Nantón. Seaia e Corcubión buscarán achegarse aos postos de privilexio, mentres que o Outes B recibirá a visita do Ameixenda na Serra.  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

A Pipa 17/18

Fonte

Comentarios