A Pipa: Cambia o conto

18:31 14/03/17

O Xallas mantén a esperanza en Preferente
Doble empate en Preferente, con sensacións moi diferentes para Xallas, Sofán e Soneira. No derbi do O Carral, o Soneira deixou escapar dous puntos que parecía ter no zurrón a falta de once minutos, cun 2-4 sorprendente no marcador, pero o arreón final dos rojillos deu ao traste coas ilusións brancas, empatando un encontro a catro tantos que parecía ter perdido. Segunda metade tola, con sete tantos, pois ao descanso chegouse con 1-0 para o once local, e triple remontada visitante, para empatar no minuto 90 o Sofán. En Paiosaco, os dous equipos verdes do campionato repartíronse os puntos nun duelo moi táctico, onde os homes de Iván Cancela maniataron por completo ao Paiosaco e souberon xogar os seus bazas, ata o punto de poder sumar os tres puntos, téndose que conformar cun empate que lles deixa na 6ª praza, a cinco puntos do Laracha e Polvorín, e a sete do Paiosaco, terceiro. Na próxima xornada, o Xallas parte como favorito na Fontenla, ante un necesitado Betanzos, mentres que o Soneira ten que gañar, si ou si, ao Chantada no Municipal de Vimianzo. O Sofán irá a Viveiro en busca de tres puntos que lle afasten dos seus rivais en catro puntos e poder subir algún posto na táboa.Liderato de novo para o Dumbría en Primeira
De novo recupera o liderato o Dumbría en Primeira, onde o Outes segue o seu escalada e o Zas necesita sumar de tres en tres para escapar dos postos de arrastre. O Fisterra segue ao seu e sumou un novo triunfo. En Zas, o Sporting fixo méritos para sumar o triunfo, pero un tanto lalinense, a catro minutos do final, supuxo un xerro de auga fría para un once local que con dous goles de Álex Flores remontaba o 0-1 ao comezo da segunda parte do Lalín. En Outes, un solitario tanto de Simón, a falta de sete minutos, deu os tres puntos en xogo ao equipo de Cambeiro, que segue empañado en escapar da queima, aínda que a tranquilidade estea a cinco puntos de ditancia, posto que ocupa o Unión de Asados. O Dumbría case sentenciou ao descenso ao Escravitude, ao que deixa a catorce puntos da permanencia, e recupera o liderato ao perder o Agolada en Sigüeiro. Os homes de Julián Ferreiro foron moi superiores, chegando a colocar un rotundo 4-0 no marcador, recortado ao final polos visitantes. En Piloño, o Fisterra acabou coas ilusións locais e conseguiu tres puntos cun gol no último minuto, e de penalti. Os fisterrans ocupan a sexta praza, tendo o cuarto posto, que ocupa o Flavia, a un punto de distancia. Gran campaña, sen dúbida, dos pupilos de Nacho Barreiro. Na próxima xornada, partido grande en Fisterra, coa visita do terceiro clasificado, Sigüeiro, pero máis grande na Golada, co duelo entre o primeiro, Dumbría, e o segundo, A Golada, con tres puntos vitais en xogo, sobre todo si o Dumbria gaña a confrontación. Os dous que buscan a permanencia xogan fóra de casa, facéndoo en Tordoia o Sporting Zas, ante un rival que se está complicando a vida nas últimas xornadas, e o Outes en Lalín, e loos dous buscarán triunfos importantes para saír da zona de arrastres.Muxía, a un punto da Liga da Costa

- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa de Corredoira
- X.25: A historia de sempre.
- X.24: O Entroido deixou goles e a caída da Esteirana á zona de descenso directo.
- X.23: A vida segue igual.
- X.22: O Corme aguanta o tirón dos perseguidores.
- X.21: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme.
- X.20: Golpe de man.
- X.19: Xornada de sorpresas, relativas.
- X.18: Soñando co máis alto.
- X.17: Espéranos unha segunda volta apaixoante.
- X.16: A última xornada do ano trouxo o liderato para un Corme que aproveitou o pinchazo do Baio.
- X.15: Non fallaron os catro primeiros clasificados; o derbi Cerqueda-Malpica, para os visitantes.
- X.14: Mazaricos e San Lorenzo mostran as súas credenciais para acosar aos líderes.
- X.13: Tralo primeiro gran duelo, “a vida segue igual”.
- X.12: Lilo substitúe a Adrián Lema no Laxe; Alfredo Cambeiro chega ao Outes.
- X.11: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión.
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).