Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Pipa de Corredoira: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder

A Pipa de Corredoira: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder
Luca e Alejo espolean ao Corme Luca e Alejo espolean ao Corme-Foto-Fin Lema A pipa de CorredoiraPrimeira xornada da competición costera e primeiro líder da mesma, como mandan os cánones, aínda que polo golaverage xeral, pois varios equipos conseguiron sumar os tres puntos en disputa e outros se quedaron coas súas arcas baleiras, pero isto non fixo máis que dar os seus primeiros pasos desta carreira de fondo chamada torneo da regularidad. O Corme é o primeiro líder dunha competición que promete loita, entrega, emoción e, polo menos nesta xornada inaugural, moitos goles, pois ningún encontro finalizou con 0-0, nin tan sequera con empate. Parece que os equipos comezan con ansias goleadoras, para felicidade dos afeccionados que se dan cita nos diferentes campos da Costa, salvo no caso de Camariñas, Mazaricos e San Lorenzo, que foron incapaces de bater as metas de Cerqueda, Ponteceso e Malpica, sendo os únicos que non fixeron vibrar aos seus afeccionados co grito supremo do gol. Cos azuis, varios equipos comezaron a deixar claras as súas credenciales de cara a esta campaña, moi incerta tanto pola cabeza como pola zona de perigo, pero sobre todo había tres duelos que, pola clasificación da campaña pasada e potencial dos equipos, chamaban a atención dos afeccionados neste arranque cometitivo. Por unha banda, os recentemente descendidos Baio e Malpica tiñan complicados rivais no San Lorenzo, que leva dous anos quedándose ás portas do ascenso e promoción, e un Baiñas que, pese á profunda remodelación nas súas filas, sempre parte coa ilusión de alcanzar un posto na zona de privilexio. Polo outro, un duelo entre dous dos grandes da pasada campaña, Mazaricos e Ponteceso, en terreo do primeiro. E non defraudó ningún dos tres choques, saldados con triunfos locais en Malpica e Baio, mentres que o once dirixido por José Barca, mostraba o seu potencial defensivo e gañaba en Mazaricos. Pese a todo, os derrotados puxéronlles as cousas moi difíciles aos homes de Pedro Gómez, no Pratas Reinoso, e aos pupilos de Esmorís, en Malpica. O Porteño, que este ano quere comezar con forza para non verse na situación complicada das últimas tempadas, salvado pola campá, ou máis ben polo ascenso do Sporting Zas a Primeira Autonómica, facía saltar a banca en Buño e vencía nun gran partido por 2-3 aos xogadores preparados por Mauro. Do mesmo xeito que o Unión Club Cee, un dos grandes da Costa, que quere reverdecer vellos laureles baixo a dirección técnica de Rafa Pais, e comezou con forza en Coristanco, onde sumou os seus tres primeiros puntos. A Esteirana segue na súa liña goleadora de todas as tempadas, e no seu campo seguro que será un rival temible para calquera equipo, e os xogadores de Lodeiro perforaron catro veces a meta dun Laxe que retorna á Liga da Costa tras uns anos na 3ª Autonómica e seguro que, aos poucos, dará moita guerra, como xa o fixo en Esteiro. Un dos conxuntos que máis e mellor reforzouse neste inicio de tempada foi o Cerqueda, que se propuxo ser un dos grandes animadores da competición, e conseguía os tres puntos no sempre complicado Hermanas Patiño de Camariñas, con solvencia e seguridade, pese a que os locais puxéronllo moi complicado. Para rematar, aínda que sexa o primeiro partido cronológicamente falando, pois foi o que inaugurou a competición, un remozado Castriz vencía ao Corcubión, no retorno destes á competición costera tras unhas tempadas en ·, moitísimo sufrimento dos rossoneri, pero ao final os tres puntos quedáronse en San Pedro. A próxima semana, máis e mellor, con outros tres choques que chaman a atención dos afeccionados de sobremanera : Cee-Mazaricos; San Lorenzo-Baio e o derbi entre Ponteceso e Malpica, un dos moitos duelos que hai esta campaña. Esperemos acontecementos. Preferente e 1ª Si arrincaba a Liga da Costa por excelencia, hai varios equipos da zona que están en categorías superiores, e algún deles con dúas xornadas xa disputadas, como os de Preferente, e outros iniciando o torneo, como en Primeira. En Preferente, o Noia, outrora conxunto costero e agora considerado do Barbanza, cousas da vida, é o líder, con dous triunfos noutras tantas xornadas, pero pola parte da Costa, triunfo histórico do Sofán no seu terreo de xogo, que seguro verá moitas satisfaccións este ano, o primeiro dos pupilos de Josito Fontes nesta categoría. Sufrido, pero merecido, remontando o tanto inicial do Chantada lucense antes do descanso. Xallas e Soneira sumaron o seu primeiro punto. Os homes de Iván Cancela fixeron méritos máis que suficientes para alcanzar o triunfo ante o Lemos monfortino, pero tiveron que conformarse cun 0-0 final, mentres que o Soneira, que na xornada inaugural perdía no seu propio terreo, sacou un empate na súa visita a Sada, onde comezou adiantándose no marcador e puido sumar un mellor resultado. Pero, como se di habitualmente, si non podes gañar, polo menos non perder. En 1ª Autonómica, inicio de competición con alegría en Fisterra, onde os xogadores que prepara Nacho Barreiro venceron a todo un Club Deportivo Lalín, otrora conxunto de 2ª B e Terceira, que a pasada campaña descendía do Grupo Sur á Primeira Autonómica. O Dumbría iniciaba a campaña cun 0-0 ante outro dos candidatos ao ascenso a Preferente, o Unión de Rianxo, mentres que Sporting Zas e Outes vían como Sigüeiro e Piloño vencíanlles polo mesmo resultado de 3-1, aínda que a marxe de mellora seguro que será importante nos onces que preparan, e moitísimo acerto, Víctor Pazos e Manu Roque. E, como en 2ª, a próxima semana máis e mellor, con ese primeiro duelo entre equipos da zona en Zas, onde renderá visita un Dumbría que case sempre se lle deu moi ben aos zasences, recibindo o Outes a visita do Sigüeiro, un dos candidatos ao ascenso, mentres que o Fisterra viaxará a Tordoia. En Preferente, terceira chamada co derby Soneira-Xallas, repetición da última Copa da Costa, que finalizou con 0-0, e con ambos conxuntos empatados na táboa clasificatoria, mentres que o Sofán viaxará ata Ribadeo, onde lle espera un once local, recentemente aterrado desde a Terceira División, que aínda non puntuou na tempada.  

Comentarios