A Pipa: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión

20:30 14/11/16

O derbi de Primeira, para o Dumbría
Sobresaía sobre todos os encontros o choque entre o líder, Dumbría, e o “rei do empate”, Fisterra, que agora comparte esa “honra” co Tordoia, pero os visitantes non deixaron lugar á sorpresa e, nun encontro trepidante, sacaron adiante o difícil compromiso cun 0-2 que lles afianza na primeira praza e deixa “tocados” aos verdes, que se sitúan un punto por encima do descenso. A volta de Makay ao verde de Ara Solís, saldouse cunha boa actuación do cañonero e goleador, que foi moi ben recibido polos que o ano pasado foron os seus incondicionais e, sobre todo, amigos. O Sporting Zas saíu derrotado da Fieiteira, en Riveira, onde os sportinguistas xogaron prácticamente 80 minutos con dez futbolistas ao ser expulsado o meta Anxo aos 14 minutos de xogo. Pese a iso, e tras un frouxo primeiro tempo, ao término do cal o Sporting perdía por 2-0, na segunda metade melloraron ostensiblemente as súas prestaciones e buscaron un empate que non chegaría, aínda que si marcarían os locais, nunha acción moi protestada polos zasences, pois o asistente sinalou posición antirreglamentaria, pero o colegiado concedeu o terceiro tanto local. O resultado deixa ao Sporting Zas dous puntos por encima da zona de descenso. Nesa zona atópase o Outes, que deu a noticia, desagradable, da semana, coa decisión por parte do “profe” Manu Roque, de deixar ao equipo dá Serra, por problemas unha dolencia nas cordas vocais. Os blanquinegros tiñan un complicado compromiso en Tordoia, ante o terceiro clasificado, vendendo cara a súa derrota, pero cedendo por un 3-1 final que deixa ao Outes como farolillo vermello. Na próxima xornada, o Dumbría recibirá no Conco ao Val do Ulla, nun encontro onde os azuis parten como favoritos ante un rival que ocupa a decimosegunda praza da clasificación. Un histórico Flavia renderá visita ao Sporting Zas, estando empatados ambos a trece puntos na táboa, mentres que o Fisterra terá un duro compromiso na Pobra do Caramiñal, onde os locais buscan os postos nobres da clasificación, aínda que se atopan a tres puntos de distancia dos fisterráns. Para rematar, o Outes quere romper o seu racha negativa e sumar un desexado triunfo para poder brindarllo ao seu míster, Manu Roque, ante un Riveira que, paso a paso, se ha ir situando preto dos postos de privilexio, sendo quinto, a catro puntos do segundo.Xornada negativa en Preferente
Tripla derrota para os representantes da Costa en Preferente, onde nin Sofán, nin Xallas nin Soneira foron capaces de puntuar ante Sporting Sada, Noia e Galicia de Mugardos, respectivamente. Os sofanistas rendían visita ao colista, Sporting Sada, pero os locais, a base dun forte traballo de contención, e aproveitando unha contra a pouco de comezar a segunda metade, souberon derrotar a un Sofán que, posiblemente, realice o encontro máis flojo do que vai de tempada, ademais de errar en numerosas ocasións de gol. Mereceu moito máis o Xallas na visita do líder, Noia, á Fontenla, pois os homes de Iván Cancela, onde unha desafortunada decisión do asistente do colegiado, anulando un tanto de Rober Pladur, significou a derrota dos xalleiros. Ao final, un solitario gol dos visitantes e líderes, supuxo a inmerecida derrota dun Xallas que deixa moi boas sensacións pese ao resultado final. En Vimianzo, o Soneira xogou un bo partido, tratando de ti a ti a un Galicia de Mugardos que non fai moito tempo competía en Terceira División, pero os goles de Permuy non puideron ser contrarrestados máis que por un tanto materializado por Dani Casal, a falta de catorce minutos, que puxo a incerteza nos instantes finais do duelo. Na próxima xornada, derbi en O Carral, onde o Sofán recibirá a visita do Xallas, nun encontro sen favorito claro, malia a clasificación duns e outros, separados por catro puntos de vantaxe para os vermellóns locais. A Laracha irá o Soneira en busca de sorprender a un equipo que, pasito a pasito, se ha ir situando na zona alta da clasificación, ocupando a cuarta praza, a dous puntos do Polvorín. Non o terán fácil os brancos, pero esperan dar cumprida resposta ás propostas que cheguen ao lado rojiverde.Muxía, líder ao término da primeira volta
Líder incuestionable en Terceira o Muxía, que quere retornar á Liga da Costa, e xa son nove os puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Ameixenda, ao término da primeira volta da competición. Os muxiáns non atoparon dificultades para superar a un Cabana que queda prácticamente fóra da loita nesta campaña para retornase a categoría perdida a pasada tempada. O Ameixenda fixo saltar a sorpresa en Carnota, ante o Lira, ao que deixa a cinco puntos de distancia e aproveitouse do empate sen goles que cedeu, no seu terreo, o Nantón, que deixa aos ceenses na praza de promoción de ascenso. O Volantes soubo sacar os tres puntos en xogo no seu choque ante o Castrelo, ao que supera na clasificación e afasta da segunda praza, a que agora estñaa catro puntos dos vimianceses. O duelo entre os colistas deixa ao Camelle como farolillo vermello ao perder en Malpica, co Sporting Seaia, na súa primeira vitoria da campaña, por un claro 4-2. A segunda volta arrinca co desigual duelo entre líder, Muxía, e colista, Camelle, en terreo dos primeiros, mentres que Ameixenda, Nantón, Lira, Castrelo e Volantes non poden ceder si queren ter opcións para retornar á Liga da Costa, aínda que un deles si terá que facelo, pois o Lira recibirá ao Castrelo en Carnota. Seaia, en casa, Cabana e Outes B, a domicilio, serán os rivais de Nantón, Volantes e Ameixenda, e todos eles buscarán a sorpresa nos noventa minutos en xogo.- Manuel Corredoira, Entrenador Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, e actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas.

A Pipa de Corredoira
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).