A Pipa: Rebelión

17:01 16/01/18

Preferente: Inesperada goleada ao Dumbría
En Preferente, dous triunfos e unha derrota inesperada polo abultada da mesma, do Dumbría nas Pontes, onde os pupilos de Nacho Barreiro viron como o once local, situado na zona de promoción de ascenso a Terceira División, endosáballe un 7-0 tremendamente forte, nun choque que quedaba sentenciado aos 25 minutos cun 3-0 que presaxiaba o peor. Un tropezo no camiño que non debe de ser óbice para que o Dumbría siga traballando en pos da permanencia. Mellor foilles aos outros dous conxuntos de Preferente, pois sumaron triunfos moi importantes e sitúanse na zona templada da clasificación. O Sofán superaba en San Tirso a un once local que queda tocado trala derrota. O tanto de Luís, ao transformar un penalti, xa na segunda metade, supuxo o triunfo rojillo nun campo moi difícil, sobrepoñéndose, no último cuarto de hora, á expulsión de Fran, por dobre amonestación, e pechando un partido ante un rival directo polo obxectivo da permanencia. Gran triunfo do Xallas ante un rival situado na zona de promoción como o é o Arzúa, que chegaba á Fontenla na terceira praza e a un punto do segundo, e sae do terreo verde como cuarto e a catro puntos do ascenso. Os pupilos de Nestor Romero fixeron un gran partido en todas as facetas, especialmente no aspecto defensivo, e sacaron adiante o compromiso ante o Arzúa de xeito xusto e merecida. No próximo fin de semana, gran partido nas Eiroas, onde o Sofán recibirá a visita do As Pontes, terceiro clasificado, e derbi ao grande no Conco, onde o Dumbría fará de anfitrión ante o Xallas, con puntos moi importantes en xogo para os dous conxuntos.Vía Crucis en 1ª
Mala xornada novamente en 1ª Galega, que se está convertendo nun auténtico Vía Crucis para os equipos da zona, pois salvo o Soneira, ancorado en zona templada, mirando máis cara a arriba que cara abaixo, o resto atópanse en zonas de máximo perigo, especialmente Fisterra e San Lorenzo, que pechan a táboa clasificatoria ambos, separados por tres puntos e a tres da permanencia o Fisterra e a seis o San Lorenzo, sen contar arrástrelos que se poidan producir de Preferente, que a día de hoxe sería un. Gañou con relativa comodidade o Soneira ao ata ese instante líder, Piloño, endosándolle un 3-0 que mostra o potencial do conxunto de Vimianzo. Un gol de Chapela, na primeira metade, fixo máis doado o camiño aos brancos, rematando o encontro os dous tantos da segunda metade, que deixa aos pupilos de Pedro Gómez a sete puntos da promoción con moitas xornadas por diante, toda a segunda volta. Mereceu máis o Fisterra en Ara Solís ante o Cordeiro, que se adiantou no marcador aos oito minutos e soubo nadar e gardar a roupa para levarse os tres puntos ao seu casillero, pese aos intentos e as oportunidades marradas polos locais, que loitaron e pelexaron ata o final, pero que non obtiveron a recompensa que se merecían. Tampouco tivo fortuna o Baio no seu desprazamento a Chaián, perdendo por 3-1 e encaixando un gol moi tempranero que condicionou o choque. No entanto, os xogadores dirixidos por Diego Díaz sacaron forzas na segunda metade e levaron a incerteza ás gradas co tanto de Iván Rojo, pero o gol de Caeiro, no último minuto, terminou por pechar a contenda. Igual sucedeulle ao San Lorenzo, que viu como o Bastavales, aos trinta e cinco minutos, deixaba resolto o partido cun 0-2 que foi unha vantaxe insalvable para o once rojillo, que traballou arreo para merecer mellor resultado, fallando incluso un máximo castigo. Ao final, un 1-3 excesivo premio para os merecimientos duns e outros.Loita sen cuartel en 3ª
Non hai quen levante o pé do acelerador en Terceira, onde Muros e Volantes seguen nesa pugna polo liderato e o ascenso directo. Nesta xornada, os celestes viron como un serio Ameixenda lograba arrincarlles un dos puntos en xogo, o que reduce a súa vantaxe na clasificación a dous puntos, por canto o Volantes, baixo a sabia man de Sil, sumaba un cómodo triunfo no complicado terreo de xogo do Seaia, cun 1-4 que demostra o bo momento que está atravesando o conxunto laranxa. O Camelle non cede no seu intento de dar alcance aos primeiros clasificados, e venceu con relativa comodidade ao Outes B por 4-1 e sitúase a tres puntos da segunda praza. Pola contra, parece ceder o Cabana de Oscar Mingui, que viu como un Corcubión con moito acerto nas súas accións de ataque, derrotáballe no Novo Cubaleiro por 3-1, malia as ocasións das que gozou o conxunto negriazul para mellorar o marcador. Nantón e Castriz queren sumarse á festa da promoción de ascenso cando menos, e ambos sumaron lso tres puntos en xogo. Os primeiros, venceron en Vimianzo a un Castrelo que se adiantou por dúas veces no marcador e que viu como os visitantes lograban o triunfo no último minuto de xogo. Pola súa banda, os rossoneri venceron a un Laxe que perde comba coa cabeza da clasificación por 3-1, tendo que remontar o tanto inicial láxense. O gol no último minuto da primeira metade foi o que puxo aos locais no camiño do triunfo, que sentenciaron na segunda metade. Na próxima xornada un partido chama a atención sobre todos os demais, o derbi Volantes-Muros no Eleuteiro Balayo. Na primeira volta empate sen goles, polo que, de producirse o triunfo duns ou outros, terían o golaverage de face. Moi atento ao que suceda en Muros estará o Camelle, que terá un complicadísimo encontro en Laxe, ante un once local que non pode ceder si quere estar no play-off de ascenso. Partido grande en Cabana, onde chega un Porteño que necesita gañar para non verse descolgado de xeito definitivo. Nantón e Ameixenda non poden ceder nos seus propios terreos onde recibirán as visitas de Corcubión e Castrelo, respectivamente, mentres que o Outes B, na Serra, recibirá a un Seaia que quere manter as ilusións vivas de chegar á zona nobre da clasificación xeral.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa 17/18
- X.16: Volveu o Fútbol de verdade.
- X.15: Un Mazaricos imperial.
- X.13: Vai de derbis.
- X.12: Goles e emocións en todas as ligas.
- X.10: Caen os líderes… e os adestradores:
- X.9: Para todas as cores.
- X.8: Para todos os gustos.
- X.7: Xornada sen esperanza.
- X.6: 4 protagonistas.
- X.5: Ferve a 3ª.
- X.4: Goles, emoción, incerteza, bo xogo e entrega de principio a fin.
- X.3: Manchea de goles.
- X.2: Cargada de paixón.
- X.1: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).