A praia do Ézaro, unha vez máis epicentro do volei praia nacional


A praia de O Ézaro será unha vez máis epicentro do volei praia nacional, acollendo dende venres 21 ata o domingo 23 de xullo, o Campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino.
Dumbría albergará por 5º ano consecutivo un nacional de volei praia, levando ao seu areal a emoción da competición máis prestixiosa e emocionante da tempada estival para os clubes de volei praia españois.
Á cita acuden os 42 mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 18 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías e dispostos agora a pelexar polo título que actualmente ostentan os boirenses do Barraña VP no apartado masculino e o VP San José de Cantabria no feminino.
O torneo, organizado polas Federacións Española e Galega de Voleibol coa colaboración do Concello de Dumbría arrincará o venres pola mañá e rematará o vindeiro domingo coas grandes finais nacionais e a entrega de premios.
Entre os participantes haberá unha ampla representación galega, especialmente no apartado masculino con catro clubes presentes na cita. Competirán neste apartado o Calasancias VP, Club Vigo Voleibol, Voleiboleiros Sada e Dumbría Volei (organizador).
Os galegos acoden a Dumbría como grandes favoritos con dobre vantaxe. Por un lado o maior coñecemento da pista por parte dos nosos, e a sobrada demostración de talento que fixeron en pasadas edicións con dous títulos consecutivos que quedaron en Galicia, acadados por Dumbría Volei e Barraña VP. E polo outro, a seguridade de contar cun Circuito Galego, cada vez máis amplo, que lles dá a rodaxe suficiente para competir ao máis alto nivel e ser firmes candidatos ao podio nacional.
Un éxito a todos os niveis
A Federación valora que dende a primeira edición celebrada en Dumbría, a participación do nacional de praia non deixou de medrar. Os trofeos disputados na Costa da Morte son un éxito asegurado de asistencia e organización, ademáis de ser un gran reclamo para a zona. O volei praia converteuse nos últimos anos nun atractivo máis para a localidade de O Ézaro, especialmente tras o acordo asinado entre o Concello e as Federacións Galega e Española de Voleibol, nas que Dumbría se consolida como sede de polo menos un campionato nacional e varias probas do Circuito Galego de Volei Praia e convértese en centro de tecnificación para as seleccións galegas deste deporte. Eventos do calado dun Campionato de España cadete repercuten na economía de toda a comarca fisterrá. Só entre equipos participantes, delegacións e acompañantes espéranse superar o medio millar de persoas, e xa en pasadas edicións esgotáronse os aloxamentos dispoñibles nas zonas próximas e en gran parte da bisbarra.
Novas relacionadas
- Xuño 2017: Unai Larrañaga, anfitrión da Selección Galega de Volei Praia no Ézaro.
- Maio 2017: O Volei Dumbría empeza a temporada de volei praia con triunfo en Santander.
- Marzo 2017: O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española.
- Agosto 16: O Ézaro volveu convertir Dumbría no centro do Volei Praia Nacional.
- Xullo 16: O dumbriés Marco Lado participa en Tenerife no Campionato de España de Volei Praia.
- Xullo 2016: Unai Larrañaga leva á Selección Galega ao 5º posto do Campionato Nacional de Volei Praia.
- 2015: O Dumbría proclámase campión galego de Volei Praia Cadete en casa.
Crónicas do Volei Dumbría
- O Volei Dumbría conta cunha nova furgoneta doada pola Deputación.
- O Volei Dumbría roza a medalla no Campionato de España Xuvenil.
- O Volei Dumbría realiza un impecable comezo do Campionato de España Xuvenil.
- O Volei Dumbría disputa o Campionato de España Xuvenil en Lorca.
- O Volei Dumbría repite o título de Campión Galego Xuvenil.