A Selección Coruñesa Feminina sub-15 queceu motores nas Redondas

07:48 12/04/17

Tarde de fútbol a que vivíu este pasado martes o campo das Redondas. A Selección Coruñesa Femenina Sub-15, que dirixen os bergantiñáns Gueli Cotelo e Óscar Mingui como axudante, achegábase a Cabana para disputar un partido contra os infantís da SD, dirixidos por Fariña.
O resultado era o de menos, pois do que se trataba era de coller ritmo de competición para a Fase Final do Campeonato Galego de Seleccións. En todo caso, os cabaneses venceron 6-3.
Bo detalle o que tivo a Federación co club entregando unha camiseta do combinado galego, asinada polas xogadoras do equipo.
