mércores. 07.05.2025
El tiempo

En marcha o novo Combinado da Costa de fútbol feminino

En marcha o novo Combinado da Costa de fútbol feminino

Gran aposta polo deporte feminino a que protagoniza a Asociación Deportiva Vidú, co apoio da Federación Galega de Fútbol. Veñen de crear a Combinado da Costa de fútbol feminino, a cal debutará o vindeiro luns 1 de maio no Campo de Xaviña (Buño) ante a Selección Coruñesa Sub-15, un combinado dirixido polos bergantiñáns Gueli e Mingui que xa disputou un choque de adestramento contra o Cabana.

O Combinado da Costa estará dirixida por David Castro, un bo coñecedor da modalidade na zona e que estará moi ben arroupado, xa que contará coa axuda da gran María Varela Bardanca, quen está considerada como a mellor futbolista da zona e ademais conta cunha traxectoria impecable e inmaculada no mundo do fútbol.

O seleccionador da Costa da Morte convocou un total de 20 xogadoras de sete clubs diferentes para este primeiro encontro e elas son as seguintes: Angy Esmorís, Lucía Couñago, Andrea Domínguez, Laura Seoane, Ana Fontes, Zeltia Belo e Paula Gómez do Bergantiños CF; Raquel Domínguez, Cintia Arijón, Carla Varela e Leticia Santos do SD Tordoia; Sarai Muiños, Iria Gundín e Tatiana Barcia do Vitoria CF; Verónica Mallo e María Lorenzo do SCD Pastoriza; Eva Luz e Karina Tajes do RC Deportivo; Andrea Rodríguez do Ural CF e Ana Bugallo do EF Luís Calvo Sanz. Por parte da Selección Coruñesa Sub-15, o seleccionador Gueli Cotelo solicitou a presenza de dezaoito xogadoras de catro clubs e son as seguintes: Ana Carreiras, Ana Bermúdez, Carlota Sánchez, Inés González, Laura Rivas, Lucía Lorenzo e Uxía Franqueira do Deportivo Orzán; Aroa Guerra, Andrea Díaz e Carlota Barreiro do Imperátor OAR; Nuria Campo, Clara Taboada, Alba Villar, Laura Cetina, Inés García, Zaida Táboas e Ania Montero do Vitoria CF e Giselle Englem do Orzán SD.

Tanto a Federación como a Asociación Deportiva Vidú esperan que este partido sexa unha gran festa do fútbol feminino e que sirva de trampolín para que esas mozas e nenas que están en dúbidas de dar o paso para xogar ao fútbol anímense a facelo.

Novas relacionadas

Fonte

  • A.D. Vidú.

Comentarios