Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xornada: a choiva e o vento deixáronnos sen fútbol dominical

A Xornada: a choiva e o vento deixáronnos sen fútbol dominical
Fai falla a auga, fai, pero xa podía vir a luns. Como decía un vello sabio, tiña que chover de noite e quentar o sol polo día. Pois chegou o domingo pola tarde, e mandou a xornada dominical ó limbo. Si que se xogou o sábado, e en fútbol base o domingo pola mañá, non en todos os campos pois a verdade e que nos chegaron imaxes e videos de campos anegados de auga, que facía actividade de heroes xogar ó fútbol. O campo de Outes lucía así hoxe a primeira hora Os encontros que se xogaron foron o U.C.Cee 1 - C.D.Baíñas 1 na 2ª Galicia, e o Castrelo 3 - Corcubión 2 na 3ª. En Cee adiantouse o equipo local con gol de Juan o Bello no 41´, pero pronto igualou Tantán para o Baíñas no 44´, sendo este o marcador definitivo. En Vimianzo o Castrelo impúxose ó Corcubión por 3-2 ( 1-0 6´Iván   1-1 48´Antón   2-1 61´Iván   2-2 78´Coté   3-2 87´Iván). O Corcubión non dou a súa mellor cara e o Castrelo obtivo unha meritoria vitoria. O encontro acabou cunha churrascada de confraternización, o que deberíamos facer en todos os campos. O terceiro tempo, esas cervexas compartidas para comentar o encontro, que importantes son. No encontro máis sobranceiro da xornada enfrontábanse os dous primeiros clasificados da liga xuvenil. Corme e Fisterra víronse as caras no Cairo, nun incrible partido que acabou co resultado de 7-2 para os locais. O Fisterra gañaba no minuto 60 por 0-2 con goles de Dani e Isaac, pero o Corme remontou espectacularmente e levouse o partido con 7 tantos en 30 minutos. Incrible. Agora só nos queda esperar a que a Federación poña data para xogar estos partidos adiados. Soan como probables o sábado 30 de decembro e a Semana Santa.

Comentarios