Luns. 26.02.2024
El tiempo

A Xornada: emoción e cambio de líder

A Xornada: emoción e cambio de líder
As xornadas en tódalas ligas están tomando un cariz tráxico e dun nivel de emoción que nos vai a levar a vivir días de fútbol como o de hoxe. Entre as 4 e as 7 da tarde agolpáronse todo tipo de sensacións, con remontadas, sorpresas, equipos que lograron títulos e outros que perderon lideratos. As novas destacadas son sen dúbida tres: a vitoria da Esteirana nun partidazo auténtico, co Xosé Luis Vara repleto de xente, o campionato certificado polo Volantes de Baño, e o título en fútbol base do Outes cadete. E polo medio, mil emocións, e moita incertidume de aquí ó final. O Xosé Luis Vara rexistrou unha entrada das que fan época En Preferente Norte, un Xallas case que salvado igualou en Outeiro. O Sofán pegou un bo bocado á permanencia coa súa vitoria en Lugo ante o Residencia, e o Dumbría dou a mala nova ó caer derrotado en Dubra. Na 1ª Galicia dúas moi boas novas: as vitorias de Baio e Fisterra, que os acercan ó obxectivo da permanencia. Caeu o San Lorenzo co Chaian, no peor resultado da xornada, e o Soneira igualou co Flavia. Como está a Liga da Costa! A vitoria da Esteirana pon o campionato patas para arriba. Agora os de Esteiro son líderes. O Monte Louro e un Outes renacido derrotaron a Baíñas e Corme soprendentemente. Na zona baixa, ademáis da vitoria do Outes, a do Malpica ante o Camariñas nun encontro de infarto, e a do Buño ante o Coristanco, deixa unha caótica zona de descenso e arrastres. A derrota do Cee pono en postos de arrastre. Ninguén se pode despistar, nin Cerqueda , Lira e Buño, que están algo máis folgados clasificatoriamente. O Outes tamén foi campión en cadete E na 3ª Galicia xa temos campión. Noraboa ó Volantes de Baño, que suma un merecido título ó seu palmarés. Para a promoción de ascenso postúlanse Camelle, Cabana e Ameixenda, que coa súa vitoria ante o Castriz asegurou a plaza. O outro posto salirá de Porteño, Nantón, Castriz e Laxe, nunha última xornada de tila e calmantes.

Comentarios