A Xornada: inicio de ano e a vida non segue igual

22:24 07/01/18
Variadas sorpresas e partidos moi interesantes en todas as categorías neste arranque de ano, que sempre deixa algunha que outra cousa rara no mundo futbolístico. En Preferente Norte resurxiron Dumbría e Sofán con dúas vitais vitorias, pero peor lle foi ó Xallas, que perdeu o seu primeiro partido dende a chegada de Néstor con claridade ante o Ribadeo. A Preferente ten pinta de que vai a ser unha guerra na 2ª volta.
En 1ª boas novas en Vimianzo na estrea de Pedro Gómez, con vitoria sobra a bocina ante o Bastavales. O Baio arrancou un bo punto en Rianxo, pero Fisterra e San Lorenzo seguen na mesma liña do 2017 e caeron ante equipos da zona alta, Piloño e Lalín.
Canedo foi un puntal no centro do campo, coma sempre
Na Liga da Costa o Mazaricos cedeu puntos en Coristanco ante un renacido equipo local, e aproveitárono Esteirana e Corme, os de Esteiro vencendo nun gran derbi ó Monte Louro e o Corme apalizando ó Lira. Puenteceso e Baíñas sen embargo cederon ante Zas e Outes, que co ano novo deron mostra do que foron en tempos pasados. Nos derbis, o Cerqueda venceu ó Malpica, e o Muxía impúxose claramente ó Camariñas. Buño e Cee igualaron para seguir dando boas sensacións.
Na 3ª, vitorias pola mínima de Ameixenda, Muros e Cabana, e goleada do Volantes ante o Camelle. Así o Muros seguen en cabeza cun colchón de 4 puntos moi interesante sobre os veciños do Volantes, con Cabana, Camelle e Ameixenda á expectativa. Todos os resultados en www.futboldacosta.com.
Partidazo en Louro entre Esteirana e Monte Louro

