Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xornada: o Malpica vence ó Mazaricos con emotividade

A Xornada: o Malpica vence ó Mazaricos con emotividade
Foi a nota máis destacada dos partidos disputados neste xoves santo, da xornada adiada fai un par de semanas. Nun partido cun final trepidante o Malpica remontou ó Mazaricos e pon a liga patas para arriba. E fixoo cun gol de Vituco, eterno cazagoles, que o está a pasar mal por un problema familiar, e que aínda así foi a axudar ó seu equipo a vencer nun partido vital para eles. Vituco saíu ovacionado por ambos equipos nunha mostra de deportividade e humanidade. Xogouse en Preferente o Boimorto 0 - As Pontes 1, bo resultado para os intereses dos nosos. En 1ª Galicia o Puebla venceu ó Agolada, nun resultado con só interés para o Soneira. En 2ª Galicia o Zas venceu ó Muxía nun encontro que estivo un rato parado, por un golpe entre Manu Nogueira e o colexiado Pablo Rama, e que case se ten que volver a parar pola incesante choiva caída e o Ponteceso con comodidade ó Monte Louro. E en 3ª Galicia Seaia e Corcubión igualaban, e o Castrelo venceu ó Muros. S.C.D. MALPICA 2 - MAZARICOS C.F. 1 MALPICA: Anxo, Manteca, Omar, Santi, Juan Fuentes, Eiroa, Gonzalo, Dani Casal, Ures, Martín e Vituco. Tamén xogaron Capelán e Dimitri. MAZARICOS: Toni, Roberto, Oreiro, Amoedo, Cacho, Manuel, Orlando, David, Molinos, Estéfano e Barbeira. Tamén xogaron Carreira e Manuel Luis. GOLES: 0-1 88´Manuel Luis   1-1 89´Manteca   2-1 93´Vituco O partido máis sobranceiro desta xornada foi o disputado en Malpica. Ambos conxuntos se xogaban moito e así se viu un encontro moi tenso e disputado. O Mazaricos creou perigo de inicio con disparos lonxanos de Amoedo no 19´ e de Barbeira no 23´. Tivo unha boa ocasión o Malpica nun gran pase de Gonzalo que Ures so diante de Toni non controla no 35´. A saque de falta de Amoedo o Mazaricos rematou fora a pouco do descanso. O Malpica saíu mellor tras o descanso. Casal cerrou un córner que case entra, e Ures rematou rexeitando un defensa na boca do gol. Estéfano tivo un remate clarísimo cando estaba só no 75´. E cando parecía que o encontro estaba para empate sen goles, a loucura. Anotou o Mazaricos nunha gran contra, pero Manteca igualou á saída dun córner. E co tempo cumplido Vituco, sempre coa caña, rematou no primeiro pao un centro de Gonzalo para levar o delirio ás gradas. PUENTECESO S.D. 5 - U.D. MONTE LOURO 1 PUENTECESO: Damián, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Charro, Yago, Moreira, Ismail e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Dieguito, Iván, Luca e Adrián Pose. U.D MONTE LOURO: Fer, Abel, Pablo, Manolo Chouza, César, Adrián, Dani, Raúl, Geiko, Riki e David. Tamén xogaron Gelo, Gabri e Juanma. GOLES: 1-0 18´Yago   2-0 40´Charro   3-0 55´Matías   4-0 68´Dieguito   5-0 81´Dieguito   5-1 85´Gabri Foi expulsado Geiko no 40´ Foi o Ponteceso superior a un Louro que acusou as baixas de homes clave, e que tras o 2-0 e a expulsión de Geiko non foi quen de conter o acerto goleador dos locais. SP. ZAS 3 - MUXÍA C.F. 1 SP. ZAS: Maikel, Alex, Brais, Víctor, Diego, Jaime, Manu Fuentes, Bruno, Dani Mato, Rubio e David Blanco. Tamén xogaron Josito e Rubén MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Conguito, Rober, Adrián, Manu Nogueira, Mario, Isma, Tomás, Mauro, Michael. Tamén xogaron Víctor e Julián. GOLES: 0-1 8´Manu Nogueira  1-1 40´Rubio   2-1 68´Dani Mato   3-1 74´David Blanco Unha tromba de auga parou o encontro en Zas, e foi o que matou ó Muxía, que ata entón estaba a xogar un partido. O Zas despertou e igualou o encontro por medio de Rubio. No segundo tempo os locais foron os donos do encontro e certificaron a vitoria e case que a salvación con tantos de Dani Mato e David Blanco. C.F. CASTRELO 2 - C.D. MUROS 1 CASTRELO: Carreira, Esteban, Mario, Luis, Steven, Dani, Germán, Iván, Carballo, Gustavo e Félix. Tamén xogaron Fabio, Martín, Elvis e Nico. MUROS: Ángel, Lice, Sergio, Javier, Yerai, Manu, Banana, Alvarito, Xavier, Saúl e Ramón. Tamén xogou Xandre. GOLES: 1-0 7´Félix   1-1 17´Manu   2-1 73´Esteban de pti U.D. CORCUBIÓN 3 - SP. SEAIA C.F. 3 CORCUBIÓN: Abe, Mario, Oca, Carlos, Rodrigo, Lema, Samu, Dantés, Fran, Gabriel e Pablo. Tamén xogaron Tito, Rama, Asier, Adrián e Brais. SEAIA: Recarey, Juni, Jorge, Mario, Jose Carracedo, Uru, Sergio, Mara, Adrián Parga, Josi e Vistas. Tamén xogou Camafreita. GOLES: 0-1 2´Jorge   0-2 23´Sergio   0-3 28´Sergio   1-3 34´Mario   2-3 77´Rama   3-3 89´Carradedo en pp Foron expulsados Carlos e Josi no 37´

Comentarios