Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Xornada: o Muros ascende, o Corme apreta a 2ª

A Xornada: o Muros ascende, o Corme apreta a 2ª
Vaia carrusel de sensacións o de hoxe. Vimos ascender ó Muros na 3ª, vimos como se iguala ó máximo a 2ª coa vitoria do Corme en Mazaricos, vimos uns equipos de 1ª que se rebelan a descender e pelexarán ata o final, e vimos pleno en Preferente. A Costa loita sen descanso¡ En Preferente Norte pleno de triunfos. Cando as cousas se poñen feas os costeiros sacan carácter e son rivais temibles. O Xallas practicamente asegurou a permanencia o sábado coa súa vitoria ante o Boimorto. E hoxe a SD Sofán puido co líder, o Lugo B, e o Dumbría, nunha auténtica final, derrotou ó Residencia. Todo é posible na Preferente. En 1ª Galicia houbo de todo. Gran vitoria do Baio, que se aferra á permanencia. O Soneira botoulle unha man ós outros costeiros co empate en Chaián, o San Lorenzo estivo cerca da vitoria en Rianxo pero trae un traballado punto, e o Fisterra caeu derrotado con estrépito en Padrón nun partido para olvidar, que non pode empañar a traxectoria dos fisterráns nas últimas xornadas. E na Liga da Costa, que decir. A loita polo título abriuse totalmente coa vitoria co Corme en Mazaricos. Esteirana e Baíñas aproveitaron ben o feito e acércanse ó líder. Vaia final de liga nos espera¡. Na zona baixa todos apretan. O Cee venceu ó Outes e escapa algo da queima, así como o Buño tras a vitoria en Camariñas. O Coristanco venceu ó Lira nun partidazo sobre a bocina. Na zona media igualada no derbi Cerqueda - Ponteceso e vitoria do Zas en Louro. O ascenso do Muros é a nova destacada na 3ª Galicia. Os muradáns estarán cos seus veciños do Volantes en 2ª Galicia o ano que ven. O Volantes prosegue a súa carreira hacia o título, xa só ten que xogar un partido máis. A semana que ven sabremos quen será o campión. Para a promoción asegurou o Camelle coa súa vitoria ante o Cabana. O Ameixenda acércase ó obxectivo e a loita entre Laxe, Castriz, Porteño e Nantón promete.

Comentarios