Martes. 27.02.2024
El tiempo

A Xornada: Queda todo por decidir

A Xornada: Queda todo por decidir
Estas xornadas de xaneiro, febreiro e marzo son a cara de can, onde todo o mundo ten algún obxectivo ó que chegar, ou agota as últimas posibilidades de escapar da queima. Por iso os partidos son de gran incertidumbre, e aparecen resultados inesperados pola lóxica clasificatoria. Foi o que pasou na 1ª Galicia, e seguro que pasará nas restantes categorías. En Preferente Norte tivemos un derbi con pouco fútbol de calidade, e dous golazos do Xallas, no 2´e no 89´, dos chamados psicolóxicos, que lle deron a vitoria ó Xallas ante o Sofán. O Dumbría non tivo boa viaxe a Castro de Rei e veu goleado por 5-1. Na 1ª, San Lorenzo e Fisterra sacaron dúas vitorias, a fisterrá no derbi en Vimianzo ante o Soneira, o que reafirma o bo momento dos de Noé que con 2 partidos de 3 puntos saen do descenso directo. O Baio obtivo un bo empate a 0 en Bertamiráns e continúa escapando dos postos de descenso e arrastre. O Lira está imparable nas últimas semanas Na Liga da Costa pilla vantaxe o Mazaricos despois da súa importante vitoria do sábado ante o Baíñas, e a derrota da Esteirana en Corme. Da a sensación que entre estes equipos está o título, pero o certo é que os pinchazos dos perseguidores lle están a facilitar a tarefa ó Mazaricos. Na zona baixa Outes e Coristanco non levantan cabeza, e o Cee métese en verdadeiros problemas ó caer goleado ante un rival directo, o Camariñas. Malpica, Cerqueda e Lira parece que saen desa zona perigosa coas súas vitorias. Na 3ª Galicia, parece todo un man a man entre os equipos de Muros, no que á loita polo título se refire. Da a sensación que tanto Muros como Volantes van a fallar moi pouco. A promoción de ascenso está moi cara e destacou nesta xornada o partidazo entre Corcubión e Ameixenda.

Comentarios