A xornada sabatina: o Xallas imparable, empates en 1ª, o Mazaricos cede, e o Muros acércase ó Volantes
23:29 10/02/18
PREFERENTE NORTE
XALLAS F.C. 2 - C.D. AS PONTES 1 XALLAS F.C.: Julián Couto, Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Raúl Añón, Fernando (Abel 71´), Julián López (Doro 66´), Oliver (Borja Gándara 60´), Marcos, Uxío (Alex Blanco 84´) e Kevin (Camilo 77´) GOLES: 1-0 24´Fernando 2-0 30´Kevin 2-1 89´Adrián Iglesias AT.ARTEIXO 3 - DUMBRÍA C.F. 1 DUMBRÍA C.F.: Iván Bouzón, Julito, Mataso, Matías, Iago, Aarón, Rivi (Fabio 78´), Cespón, Mackay, Pesco e Iván González GOLES: 1-0 6´Nano 2-0 20´Mauro 2-1 67´Aarón 3-1 89´Manjarín
O Dumbría mereceu máis en Arteixo, sobre todo no segundo tempo
Dúas caras nos nosos representantes de Preferente que xogaron hoxe. Que gran vitoria dun Xallas imparable, que agora mesmo é un dos equipos máis en forma da categoría e que parece capaz de todo. Solventaron con suficiencia o compromiso ante un dos conxuntos chamados ó ascenso, o As Pontes, que en 5 minutos se viu con dous tantos ó lombo, de Fernandito e Kevin, e que non foi quen de superar a defensa numantina dos xalleiros. Incluso o especialista Bossa mandou unha pena máxima o pao no minuto 41.
Pola súa parte o Dumbría pagou caro un frouxo primeiro tempo, onde se viu moi rápido por debaixo no marcador, e incluso puido encaixar algún tanto máis, pero Bouzón estivo providencial ante Dani Bea e Nano. No segundo tempo cambiaron as tornas. Pesco tomou o mando das operacións, tivo a primeira ocasión no 60´cun gran disparo lonxano. Anotou Aarón, e meteu medo o Dumbría no Ponte dos Brozos, sobre todo con dous remates de Pesco, un deles no 92, que non foron a igualada por centímetros. Co tempo cumplido chegou a sentencia do Arteixo.
1ª GALICIA
SONEIRA S.D. 1 - PUEBLA C.F. 1 SONEIRA: Anxo, Darío (Chinda 86´), Forján, Jota, Aarón, De la Sierra, Sandelo, Alex Figueiras, Pichi (Chapela 68´), Basti (Nazo 79´), Vía GOLES: 1-0 29´Aarón 1-1 51´Viturro de pti S.D. FISTERRA 1 - C.D. LALÍN 1 FISTERRA: Paulo, Robertín, Ayose, Breixo, Dani, Piti, Roa, Gabriel Pazos (Nacho 54´), Jesús (Gabriel Vigo 80´), Víctor (Pablo Lestón 75´) e Isaac GOLES: 0-1 13´Alberto Camba 1-1 59´Isaac Tarde de entroido nos campos da 1ª Galicia, especialmente en Fisterra, onde esta festa se vive con gran intensidade. E no futbolístico sendas igualadas dos nosos representantes, nestos partidos da xornada adiada no seu momento, correspondente ó 10 de decembro. En Vimianzo o Soneira non puido manter a renta que colleitara nun bo primeiro tempo e un penalti transformado polo dianteiro do Puebla Viturro levou o empate ó marcador final. Tanto Soneira como Puebla ven freadas as súas aspiracións de acercarse á cabeza da tabla. En Fisterra o Lalín, candidato ó título, non foi quen de superar a un conxunto fisterrán que sube como a espuma na clasificación, e que colleitou un gran empate, ben traballado. Adiantáronse os visitantes ó cuarto de hora pero un tanto de Isaac Fábregas no segundo tempo igualou a contenda. A loita pola salvación está que arde na 1ª Galicia, con 6 equipo en 5 puntos de distancia.2ª GALICIA
U.D.CERQUEDA 4 - U.D. MONTE LOURO 1 CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Marcos Pensado, Martín, Javi Souto, Michel, Atu, Manu Guillamet, Pazos, Méndez e Iván Mato. Tamén xogaron Cholo, David Dourado, Eloy, Gonzalo e Bastón. MONTE LOURO: Fer, Miguel, Abel, Cesar, Manolo Chouza, Adrián, Alex Siaba, Dani Corniños, Geiko, Juan de Celia e Dani de Sahorta. Tamén xogaron David, Raúl, Gabri e Pablo. GOLES: 1-0 10´Méndez 1-1 22´Alex Siaba 2-1 34´Méndez 3-1 68´Manu Guillamet 4-1 70´Pazos
Foto Mery Villar
LIRA C.F. 1 - MAZARICOS C.F. 1
LIRA: Peipo, Eloy, Jano, Cristian, Pedro, Miguel, Toni, Kike, Bruno, Isma Leis e Isma Sanli. Tamén xogaron Chema, Oliver, Lamela e Adrián.
MAZARICOS: Toni, Danis, Martín, Manuel, Oreiro, Amoedo, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano e Barbeira. Tamén xogaron Orlando, Carreira, Molinos e Iago.
GOLES: 0-1 72´Manuel Luis 1-1 88´Bruno
Pinchou o líder Mazaricos en Lira, aínda que todavía mantén unha sustancial vantaxe á fronte da clasificación. Nun encontro moi reñido, adiantouse o Mazaricos por medio de Manuel Luis, e cando parecía que ese ía ser o resultado definitivo, un tanto de Bruno doulle a igualada ó Lira e de paso algo de emoción á liga.
En Cerqueda clara vitoria local. Entrou moi ben no encontro o Cerqueda, que se adiantou cun gol de Méndez. Pero nun erro defensivo local, que propiciou unha gran xogada de Juan de Celia igualou Alex Siaba. O encontro estivo igualado neste tempo, pero o acerto de Méndez tras xogada de Iván Mato dou vantaxe ó Cerqueda ó descanso. Os de Louro so se mantiveron coas pinceladas do talentoso Juan de Celia, pero non foron quen de superar o tanto de Manu Guillamet á saída dun córner, e o posterior do capitán Javi Pazos nun rexeite dunha falta.
Foto Mery Villar