Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xornada: só fútbol en Preferente en 1ª Galicia

A Xornada: só fútbol en Preferente en 1ª Galicia
O mal tempo deixounos unha fin de semana algo deslucida en canto ó deporte rei se refire. Só as categorías de Preferente e 1ª Galicia xogaron encontros con equipos costeiros implicados. En Preferente houbo un pouco de todo, coa gran vitoria do Xallas en Arteixo que prácticamente certifica a permanencia dos de Néstor, a igualada da Sd Sofán en Callobre ante o Estudiantil, e a digna derrota do Dumbría en Lugo ante o filial lucense. En 1ª Galicia, Fisterra e San Lorenzo fixeron saltar a banca. O Fisterra está moi cerca da salvación despois dunha nova vitoria, esta vez contra un rival directo, en Ara Solis. E os de Verdillo ven a pouca distancia ese premio, tras golear, non sen dificultades, ó colista Silleda. O Soneira segue como un martelo pilón goleando rivais, e o Baio sacou un bo punto en Lalín, que debe refrendar con vitorias no Platas Reinoso. ESTUDIANTIL 2 - S.D. SOFÁN 2 S.D. SOFÁN: Rumbo, Iván Rey (Alexandre 56´), Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Sito, Canedo, Jonathan (Fabián 56´), Luis (Matías 73´), Juan de Dora e Raúl (Eibe 62´) GOLES: 0-1 6´Juan de Dora 1-1 33´Colón 2-1 83´Fer 2-2 88´Eibe de pti O Sofán sacou un valioso punto Difícil igualada da Sd nun encontro que se puxo de cara moi pronto. Un pase profundo aproveitouno Juan de Dora para bater a Fran na súa saída. Xogou ben o Estudiantil, con Colón e Brais Calvo facendo das súas. O capitán Colón tivo unha clarísima ocasión no punto de penalti pero enviou fora, e á media hora igualou nun erro da defensa sofanista. Luis rematou de volea acto seguido moi alto antes do descanso. No segundo tempo a Sd defendeu mellor que no primeiro, e apenas houbo ocasións. Pero cando o partido acababa unha entrada de segunda liña de Fer doulle vantaxe ó Estudiantil, que parecía definitiva. Pero unha penetración de Juan de Dora foi cortada por Carlos en penalti, que transformou Eibe na igualada definitiva. AT. ARTEIXO 2 - XALLAS C.F. 3 XALLAS: Julián Couto, Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Raúl Añón, Abel (Borja Gándara 59´), Julián López, Kevin, Oliver, Marcos e Uxío (Camilo 77´) GOLES: 1-0 19´Dapo   1-1 62´Kevin   1-2 64´Kevin   2-2 81´Rubén   2-3 90´Pablo Vigo Gran vitoria do Xallas que os deixa a un paso da salvación. Nun saque de esquina Dapo adiantou ós locais. Ata o descanso poucas novidades. Kevin igualou nun rexeite de Ramón a lanzamento de falta de Oliver. E pouco despois unha contra xalleira rematou co segundo tanto, cun disparo cruzado do mesmo Kevin. Atacou o Arteixo buscando a igualada, e conseguiuna nun disparo de Rubén que tocou en Alex Canedo descolocando a Julián. Cando a ambos equipos lles valía o empate, Pablo Vigo, ex do Arteixo, anotou un gol inverosímil, nunha falta lanzada dende o centro do campo que botou no punto de penalti e sorprendeu ó meta local. LUGO B 1 - DUMBRÍA C.F. 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira, Mataso (Yuyo 84´), Julito (José 60´), Fabio (Martín 88´), Aarón, Mackay, Capelo, Iván González (Marcote 79´), Diego Cespón e Pesco GOL: 1-0 79´Cuadrado O Dumbría vendeu cara a súa pel pero caeu derrotado na Chega en horario un pouco intempestuoso ante o filial do Lugo, con un único tanto anotado por Cuadrado, pichichi da categoría a pouco do final do encontro. A pesar das baixas de Iago e Matías os de Nacho contiveron ben as acometidas dun equipo destinado a ser campión de liga, ata ese minuto 79 que todo se veu abaixo. O arreón final dos visitantes, coa presencia incluso do prometedor xuvenil Martín Pereira no campo, foi insuficiente. S.D. SAN LORENZO 4 - C.F. SILLEDA 0 SAN LORENZO: Puyol (Darío 83´), Luciano, Baneira, Juanjo, Pablo Díaz, Brais Cancela (Yago Varela 59´), Dani Pena (Samuel 81´), Parafita, Mario (Anxo 81´), Diego Varela e Pablo Garrido (Alex Taibo 59´) Tres tantos anotou Parafita ante o colista Silleda GOLES: 1-0 65´Mario   2-0 79´Parafita   3-0 80´Parafita   4-0 89´Parafita Nun campo en malas condicións, Silleda e San Lorenzo xogaron un encontro de loita, cun primeiro tempo igualado pero con pouco fútbol e ocasións e un segundo acto no que o San Lorenzo foi moi superior e cando anotou o primeiro tanto o partido decantouse do lado local claramente. O tanto de Mario foi decisivo, e o Silleda veuse abaixo, anotando Iván Parafita os restantes tres tantos, cos que sube a súa conta goleadora na tempada a 13 tantos en 16 partidos, unha cifra nada despreciable. Sinalar que debutou o gardameta do xuvenil Darío, que saíu por Puyol nos últimos instantes de partido. Mario e Parafita, os goleadores SONEIRA S.D. 4 - C.D. UNIÓN 0 SONEIRA: Anxo (Josiño 70´), Darío, Jota (Rudi 78´), Aarón (Brais Mouzo 75´), Forján, Alex Figueiras, De la Sierra (Chinda 56´), Sandelo, Vía, Basti e Chapela (Nazo 65´) GOLES: 1-0 20´Basti de pti   2-0 26´Basti   3-0 39´Alex Figueiras   4-0 89´Nazo Está o Soneira arrollador como local nos últimos partidos. O equipo somete ó rival con alta posesión de balón e moitas ocasións de gol, e incluso Anxo está a recibir poucos disparos a porta. O 3-0 ó descanso fala por si só, e coa expulsión dun xogador visitante no segundo acto a cousa puido acabar con goleada de escándalo. Pena deste Soneira en forma que esté tan distanciado dos postos de ascenso, pois agora mesmo é un dos equipos máis en forma da categoría. S.D. FISTERRA 1 - C.F. CHAIAN 0 FISTERRA: Paulo, Ayose (Andrés 85´), Dani, Piti, Breixo, Robertín (Pablo Lestón 65´), Roa, Nacho (Gabri Pazos 75´), Isaac, Roco e Edu (Gabriel Vigo 86´) GOL: 1-0 44´Isaac Segue o Fisterra de Noé imparable e ganou con solvencia ó Chaián con gol do rapaz Isaac Fábregas. No primeiro tempo os visitantes apenas inquedaron a Paulo. Rober e Isaac tiveron boas opcións e a nova fichaxe Edu mostrou as súas virtudes con un par de disparos que se foron por pouco. E aínda con vento en contra Isaac estivo moi atento a unha saída en falso do porteiro para anotar o único tanto do partido. No segundo tempo a liña defensiva fisterrá estivo espléndida e non dou ningunha opción ó Chaian. O Fisterra acércase pouco a pouco á salvación. C.D. LALÍN 0 - C.D. BAIO 0 BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema (Eloy 67´), Yago Couto, Peque, Pablo Novo, Norberto, Fachal (Moreno 60´), MC, Martín (Rubio 80´) e Iván Rojo Meritoria igualada do Baio no sempre difícil campo de Lalín, nun encontro moi cerrado e de poucas ocasións. Un remate de Camba ós 10 minutos sacouno Dani Varela cunha boa parada na mellor ocasión do primeiro tempo. No segundo tempo o Baio tivo opcións. Pablo Novo rematou alto no punto de penalti. Dani tivo que facer unha boa parada a un novo disparo de Camba. A pouco do final unha gran xogada de MC acabou cun pase da morte pero cando Iván Rojo ía embocar a gol o porteiro anticipouse. Incluso Moreno disparou a pouco do final pero o gardameta local atrapou.

Comentarios