Luns. 26.02.2024
El tiempo

A Xornada: sorpresas en batallas que deciden guerras

A Xornada: sorpresas en batallas que deciden guerras
Vaia xornada, e van... Estamos a ter unha tempada de emocións fortes, onde case todos os equipos se xogan a vida cada domingo e iso estase a reflexar en todos os encontros, de igualdade tremenda e emoción sen límites. Tal e como falábamos na previa o Pontevedra - Racing marca os disgustos e cálculos de moitos equipos. Perderon os ferrolanos, e de Preferente para abaixo están todos coa calculadora no peto. En Preferente marca o último posto de descenso o Residencia, con 28 puntos. O Xallas, que empatou en Escairón, e o Sofán, que goleou ó Arteixo, están con certa vantaxe sobre os de Lugo, pero non se poden despistar, teñen que seguir sumando. Peor o ten o Dumbría, que caeu ante un rival directo, o Boimorto, e agora mesmo está a 9 puntos da salvación. Queda tempo, pero hai que ir sumando para poder ter opcións. Luis, infalible dende o punto de penalti En 1ª Galicia, o derbi foi para o San Lorenzo de Pablo Mallón, que no seu debut sumou a cuarta vitoria dos de Verdillo e dalles esperanzas para unha posible salvación. Mal día tivo o Baio, que caeu ente o Sigüeiro nunha auténtica final, e agora mesmo descendería á Liga da Costa por arrastres. o Fisterra sigue tomando aire, igualou nunha batalla pola permanencia en Riveira, mantendo a súa boa xeira dos últimos partidos. O San Lorenzo dou a sorpresa e impúxose no derbi Na Liga da Costa o Mazaricos salvou unha difícil proba e acércase ó título, o vencer ó Cerqueda. Dos perseguidores só pinchou o Corme, que caeu en Arliña ante o Muxía. Baíñas e Esteirana venceron en complicados encontros e siguen, aínda que a algo de distancia, ó líder. Na zona baixa o Outes e o Coristanco igualaron no encontro a vida ou morte, e o Cee volveu a caer, esta vez ante a sorpresa da liga, o Monte Louro. Aproveitouse o Buño que venceu ó Lira e escalou postos. O Camariñas caeu ante o Puenteceso e non puido escapar dos postos da queima. Segue a loita polo título entre Volantes e Muros en 3ª. Ambos equipos venceron en encontros moi complicados, e a falta de catro partidos parece que o campionato se quedará no Eleuterio Balayo, así como o outro posto de ascenso. Para a promoción acércase o Laxe despois da súa vitoria ante o Corcubión, e Ameixenda e Nantón repartiron os puntos noutro encontro con sabor a promoción. O Castriz perdeu a oportunidade de acercarse pero non o Porteño, que venceu en Outes.

Comentarios