Luns. 26.02.2024
El tiempo

A Xornada: todos queren escapar da queima

A Xornada: todos queren escapar da queima
Aínda que todavía se ven algo lonxe, os fináis de liga están no punto de mira de todo o mundo, e os equipos saben o que se xogan nestas xornadas. Especialmente os que están na zona baixa, que ven nestes partidos as últimas oportunidades para engancharse a postos máis tranquilos. Por iso mesmo estamos a ver bos resultados dos equipos que están nas colas das clasificacións. Gol de Chucho de penalti para o Ameixenda En Preferente Norte os nosos tres equipos puntuaron. Gran vitoria dun Xallas cada vez máis compacto en San Tirso. Igualaron os dous que xogaron como locais, Dumbría e Sofán, ante Ordenes e Castro, en encontros que reflexan o que serán as ligas de aquí ó final: igualdade e cada punto estará carísimo. En 1ª Galicia, o Fisterra alónxase do descenso coa súa vitoria ante o San Lorenzo no derbi. O Baio dou un paso atrás ó caer derrotado polo Tordoia, e o Soneira recupera sensacións vencendo en Sigüeiro, e colocándose cerca dos postos de promoción de ascenso. Na Liga da Costa escápase o Mazaricos, solvente como sempre, pois os seus perseguidores non tiveron boa tarde na maioría dos casos. Caeron Corme e Esteirana, só ganou o Baíñas. Na zona baixa gran vitoria nos intres finais do Coristanco, e tremenda tamén a do Outes no derbi. Malpica e Zas alónxanse do perigo, e o Cerqueda instálase na zona media tras vencer hoxe pola mañán ó Muxía. Na 3ª gran xornada para o Volantes, que venceu ó Corcubión e veía como o Muros caía en Laxe, e o Cabana en Nantón. O Ameixenda venceu ó Porteño, o Castriz ó Seaia e o Castrelo en Outes.

Comentarios