Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Xornada: un rotundo NON á violencia de xénero

A Xornada: un rotundo NON á violencia de xénero
Unanimidade na Costa da Morte futbolística na condena da violencia de xénero, unha lacra coa que temos que rematar entre todos. Non so hoxe, día de reivindicación, senón todos os días son os que temos que ter presente este problema e poñer solución de maneira taxativa. A normalización da presencia da muller no noso fútbol tamén forma parte das cousas que podemos ir construíndo para ser un pouco mellores. Non todo é fútbol¡ O fútbol da costa, solidario en contra da violencia de xénero No meramente deportivo, xornada de partidos igualados e emoción en todos os campos. En Preferente Norte, parece que a presencia de Nacho no banco do Corco funcionou como revulsivo e o Dumbría impúxose ó Ribadeo. Igual pasou co Xallas, que conqueriu a vitoria que necesitaba para afirmar o bo traballo. Non tivo sorte o Sofán, que caeu co Viveiro nas Eiroas. En 1ª Galicia, malos resultados. Igualada no derbi Soneira - Baio, e derrotas de Fisterra e San Lorenzo como locais. Na Liga da Costa o gran beneficiado foi o Corme, que foi o único dos de arriba en ganar. Mazaricos e Esteirana igualaron no partido da xornada, o Puenteceso caeu ante un Cee en racha, e o sorprendente Montelouro derrotou ó Baíñas. O Muxía segue ó seu, sumando puntos e acercándose á cabeza. Na zona baixa destaca a vitoria do colista Malpica, e a igualada entre Buño e Coristanco. Na 3ª Galicia, a xornada de descanso do Volantes aproveitárona o Ameixenda o Camelle e o Muros para acercarse, e o Cabana para poñerse líder. Igualada entre Laxe e Nantón, a única da xornada, e estos resultados deixan 7 equipos loitando codo con codo polo título. Todos os resultados en www.futboldacosta.com

Comentarios