Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xornada: vellas historias que volven

A Xornada: vellas historias que volven
Foi unha xornada con historias varias en todos os campos, pero unha antiga volveu en San Andrés, esa vella rivalidade entre Zas e Mazaricos, que parece que non se levan moi aló. E os de Zas foron o segundo equipo en derrotar ó líder, e celebrárono como se merece. Vellas rivalidades que volven. O Cerqueda estase a facer un duro rival ós grandes da Liga da Costa En Preferente Norte dúas boas novas e outra non tan boa. Xallas e Sofán sumaron tres puntos en enfrontamentos moi importantes. O Xallas venceu a un dos punteiros, o Arzúa, e o Sofán sacou os puntos no campo dun rival directo, o San Tirso. O Dumbría caeu estrepitosamente en As Pontes no debut de Pesco. Na 1ª Galicia so o Soneira sumou. Os de Pedro Gómez están a dar unha gran medida das súas posibilidades, e esta vez venceu ó líder Piloño por 3-0 nun gran partido. Baio, San Lorenzo e Fisterra seguen a darnos malas novas, caeron os tres e están en problemas serios de cara a esta difícil 2ª volta. Na Liga da Costa, o pinchazo do Mazaricos foi aproveitado por un Corme enrachado que volveu a golear, e un Baíñas que venceu no partidazo ó Puenteceso. A Esteirana só sacou 1 punto en Cerqueda e non puido acercarse máis ó líder. Monte Louro e Camariñas igualaron nun vibrante partido, e na cola Coristanco, Malpica, Lira e Zas sacaron vitorias importantísimas. Queda como colista un Outes que non levanta cabeza. Temos 8 equipos en 3 puntos intentando evitar o descenso. Esto está que arde¡¡¡ Igualada en Louro entre o equipo local e o Camariñas Na 3ª empatou o líder Muros co Ameixenda e aproveitouno tanto Volantes como Camelle para acercarse. Non así o Cabana, que perdeu en Corcubión. Ollo ó Castriz que está remontando posicións e coa súa vitoria en Laxe xa se abre un oco entre os aspirantes a entrar en ascenso e promoción.

Comentarios