Arranca o Circuíto de Travesía Costa 2018
08:10 08/06/18
Onte presentouse o Circuíto que percorrerá a Costa da Morte e a costa coruñesa
A Costa da Morte e a costa da Coruña serán as principais protagonistas da Travesía Costa Abanca Duacode 2018. Así a principal novidade deste ano nesta proba é a unión das travesías das Illas Sisargas, Balarés e Fisterra a esta competición froito dunha aposta dos distintos organizadores: o club Hércules Termaria de A Coruña, a asociación deportiva Abellariza de Ponteceso e o club Sisargas de Malpica. Os seus representantes, xunto cos patrocinadores, presentaron onte este circuíto de natación en augas abertas quese estrena este domingo día 10.
Unir a cinco concellos foi un reto "difícil", tal e como o sinalaban na presentación Sergio Castellanos do club Hércules. Alí tamén estaba Daniel Gambón, do club Sisargas; e Daniel Rodríguez Cruz e Miguel Cousillas representando a Abellariza. Ao acto tamén asistiu o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, que mostrou todo o seu apoio ao evento e anunciou a proba de Balarés, unha das probas estrela do circuíto, que será o 22 de xullo.
Citas
Con esta nova estructura, a competición convértese no maior circuíto de travesías marítimas a nado de Galicia. A primeira das cinco probas será a Travesía Costa Coruña que será este domingo. Posteriormente será o turno da de Oleiros, o 15 de xullo. A seguinte proba será a de Balarés, o 22 de xullo e remata o 5 de agosto coa das Sisargas.
Máis información en www.travesiacosta.com
Novas relacionadas
- As Travesías Illas Sisargas, Balarés e Fisterra entran no Circuito Costa Abanca
- Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- A Travesía Sisargas volve ser solidaria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).