Martes. 07.12.2021
El tiempo

As cores do meu equipo: C.F. Muxía

As cores do meu equipo: C.F. Muxía
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: C.F. Muxía

Camisetas rojas do C.F. Muxía Camisetas vermellas do C.F. MuxíaEscudo e ano de fundacion do CF Muxia

Antes que comezase a competir o Muxía C.F., na vila da Barca existíu xa nos anos 20, o Buserán C.F.

Xa daquela, as fotos de Ramón Caamaño lembran unha cor escura, que ben puidera ser vermella ou azulona.

Pero segundo contan moitos dos vellos do lugar, decidiran poñer as cores da Selección Española, recén creada precisamente no 1920, para que non discutiran os siareiros do Madrid cos do Barça.

 

Novas relacionadas

comentarios