As cores do meu equipo: S.D. Coristanco
07:55 27/07/18
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC.
Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.
As cores do meu equipo: S.D. Coristanco
Camiseta antiga da SD CoristancoCoristanco é un verxel. Esa é a marca que vende a terra da pataca para ensinarlle ao mundo como agroma a natureza nas terras de Bergantiños. E esa é a lenda máis típica que se conta sobre a orixe das cores do Coristanco. Pero en realidade, o alcume “verxel” é moi posterior á cor das camisetas da SD.
Anos antes, os equipos que competían nos equipos de peñas xa utilizaban o verde, nalgunhas veces cunha franxa azul, como cor para as súas equipacións, como asegura Francisco Calvo, Secretario e un dos fundadores, que entende que o escudo recolle a Ponte Lubiáns, que atravesa o Anllóns para unir o concello de Coristanco con Carballo.