As cores do meu equipo: S.D. Laxe

As cores do meu equipo: S.D. Laxe


Existe a lenda de que as primeiras camisetas do SD Laxe, un dos equipos decanos da Liga, eran como as do Arsenal (vermello coas mangas brancas), porque o club foi creado por un grupo de emigrantes laxeiros en Londres. E é certo que hoxe en día esa é unha das equipacións do club e dos veteranos.
Pero en realidade, a emigración costeira en Londres era insignificante as primeiras camisetas do SD Laxe son brancas, e a súa orixe está en Camariñas, de onde eran orixinarios os famosos irmáns Caladabanda de Baio. A comezos dos 60 intentaron facer todo o posible para que o Camariñas poidera competir na primeira Liga da Costa, pero finalmente non foron capaces de facelo, parece ser que por motivos económicos. Foi aí cando os de Laxe se enteraron da situación e lle foron a comprar unhas camisetas brancas, para intentar que non se confundisen coas branquazuis do Baio (o equipo co había máis rivalidade por mor das festas). Así comezou a competir o cadro da S.D. Laxe coas camisetas brancas.