Martes. 23.04.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: S.D. Sofán

As cores do meu equipo: S.D. Sofán
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: S.D. Sofán

Camiseta vermella do SD Sofán Camiseta vermella do SD Sofán Escudo e ano de fundacion da SD Sofan

Hai moitas dúbidas sobre a orixe da cor da SD Sofán, pero a verdade é que os tres equipos de Carballo visten de vermello.

Contan os veteranos que un mes antes da presentación oficial, o novo SD Sofán presentábase no trofeo das festas, e o facía cunhas camisetas de cor amarelo e pantalóns negros, as cores do antigo Deportivo Carballo, o club de moda naquel entón. Semanas despois, para comezar a liga, un directivo aparecíu cunhas camisetas vermellas, facendo paralelismo co Bergantiños, o outro equipo do Concello; e de feito, en apenas un mes competiron tamén cunhas camisetas brancas. Así, quedou o vermello de cor principal, o branco para a segunda equipación, e amarelo desaparecíu por completo da historia do Carral.

 

Novas relacionadas

Comentarios