Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As Ligas da Costa comezan o 1 de setembro

As Ligas da Costa comezan o 1 de setembro

Se ben xa informamos que a Preferente empezará o 26 de agosto. Pero hoxe, trala reunión de onte en Baio, o fútbol da Costa tomaba varias e importantes decisións sobre os calendarios, sobre a Copa da Costa e sobre as arbitraxes.

Tomamos nota da información que ofrece o >Blog do Malpica de Luís E. Porto.

Grupos e calendarios

A composición dos grupos de competición, así como as datas de comezo e os finais das ligas, son os que a continuación se relacionan:

Grupos da 1ª e ª2 Autonómica da Costa 2012-2013

2ª Fase da Liga Xuvenil

Tomarán parte na segunda fase de com petición xuvenil, para dilucidar os dous equipos que disputarán a fase final de ascenso a "Liga Galega", os tres primeiros equipos de cada grupo, (en total 6 equipos), que xogarán durante dez xornadas.

O resto de equipos, (14), se agruparán en trres grupos, (2 de 5 e 1 de 4 equipos) que disputarán a "copa da costa" xuvenil, polo sitema de liga, de todos contra todos, dos cales sairán dez equipos, que, xunto cos seis equipos da 2ª fase da liga, (en total 16), disputarán os oitavos de final da copa, a dobre partido, seguindo a continuación a competición o seu ritmo habitual, con cuartos, semis e final, esta, poderá ser a partido único, se os clubes así o deciden en votación na seguinte reunión a celebrar en xaneiro.

Copa da Costa

A Federación fixo unha proposta, e malia que os equipos pediron que non xogasen os equipos de Preferente, parece que a entidade fixo caso omiso, e se ben queda por decidir aínda se a final será ou non a partido único (premisa fundamental), o desenvolvemento da competición será o seguinte:

  • 1º.- Haberá unha fase previa a partido único o xoves ou domingo de Semana Santa do ano 2013.
  • 2º.- Os dezaseisavos de final, serán tamén a partido único, disputándose o 01-05-13.
  • 3º.- A partir dos oitavos de final, se retomará a competición a dobre partido nas datas do 19 e 26 de maio. Os cuartos serán, o 2 e o 9 de xuño, semis, o 16 e 23 de xuño e a final o 30 de xuño, (falta por decidir se é a partido único ao a dobre partido).

Arbitraxes

Segundo informarón os federativos, os honorarios dos árbitros para a vindeira campaña, non sufrirán incremento ningún con respecto a tempada 2011/2012, así, tódolos recibos de 3ª división, Preferente Aut., 1ª Aut., 2ª Aut. e 3ª Aut., serán unificados, mantendo os prezos da pasada campaña.

Como novidade para a tempada 2012 / 2013, todas as categorías base, dende XUVENÍS, ata PREBENXAMÍNS, a kilometraxe, será contabilizado dende Zas, para todos os equipos costeiros, excepto aqueles que prefiran que se lles computen dende Boiro, como si estas dúas localidade, foran o punto de partida dos árbitros. Isto loxicamente foi acollido con verdadeiro entusiasmo polos equipos, xa que supón para moitos deles, un grande aforro económico, que tal como está agora o país, se agradece.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios