As tardes de verán, volei praia en Razo


Inaugurábase onte na praia de Razo as pistas de volei praia que estarán accesibles todas as tardes do verán. Concello de Carballo, Deporte Carballo e a Asociación Deportiva Cultural Volei-praia Costa da Morte manteñen esta aposta polo deporte estival poñendo a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16.00 ata as 20.00 horas.
Ademáis, de luns a venres, de 17.00 a 18.00 horas, terán lugar as Pequescolas e as Escolas de voleipraia para todas as idades nas que os máis pequenos e pequenas poden gozar cos diferentes xogos, e os mais maiores poden perfeccionar a técnica ou iniciarse no mundo do volei-praia da man dos monitores da ADC Volei-praia Costa da Morte. Todas actividades son gratuítas, así que só tendes que pasarvos pola Explanada de Razo e preguntarlle aos monitores cando queredes comezar.
O 14 de agosto, a gran final

Como cada ano, tampouco podía faltar a cita ineludible do Torneo Foliada Concello de Carballo, que neste ano 2016 chega a súa novena edición. O 14 de Agosto é a data sinalada para esta gran festa do volei-praia, na que xogadores de toda Galicia se reúnen para gozar deste espectacular deporte, e pasar un día cheo de sorpresas, xogos, comida e moitas máis actividades na praia de Razo.
Novas relacionadas
- Unai Larrañaga leva á Selección Galega ao 5º posto do Campionato Nacional de Volei Praia.
- O Volei Praia mira ao Ézaro.
Fonte
- Concello de Carballo.